O 30 de marzo de 1853 nacía o pintor holandés Vincent Van Gogh. Empezou retratando as miserias da clase obreira, sobre todo dos mineiros. Despois viaxou a París e coñeceu aos impresionistas. Máis tarde trasladaríase a Arles onde deu forma ao seu propio estilo cheo de cor e cargado de expreisón. En 1890, logo dunha vida tortuosa e de varios intentos fallidos de suicidio, quitouse a vida en Auvers-sur-Oise. Entre os seus títulos podemos destacar Noite estrelada, A igrexa de Auvers, Os xirasoles, Autorretrato, A habitación do pintor en Arles, Comedores de patacas, etc.
No seguinte vídeo faise un repaso pola súa obra:
A súa vida foi tan intensa e especial que deu tema para varias películas. Velaí a extraordinaria versión que Akiro Kurosawa fixo da obra de Van Gogh na súa película Soños.