Bacilo de Koch. |
O 24 de marzo de 1882 Heinrich Hermann Robert Koch presenta os seus descubrimentos sobre o bacilo da tuberculose. Posteriormente tamén descubriría o bacilo da cólera. Estes achádegos valeríanlle o Premio Nobel de Medicina en 1905. No mundo da ciencia é considerado o fundador da bacterioloxía.
Ademais, é autor dos Postulados de Koch que establecen as condicións que ha de cumplir un organismo para ser considerado o causante dunha enfermidade.
Precisamente como homenaxe ao descubrimento de Koch , celébrase hoxe o Día Mundial da Tuberculose.
Sem comentários:
Enviar um comentário