Mañá, 27 de xaneiro, temos unha cita co futuro da nosa lingua en Compostela. Eu vou estar alí. Celso Emilio tamén estará nos neus corazóns e nos nosos berros.
"Lingoa proletaria do meu pobo
eu fáloa porque sí, porque me gosta,
porque me peta e quero e dame a gaña;
porque me sai de dentro, alá do fondo
de unha tristura aceda que me abrangue
ao ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sin raíces
que ao pór a garabata xa non saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
falar a fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos do lingoaxe,
remo i arado, proa e rella sempre.
Eu fáloa porque sí, porque me gosta
e quero estar cos meus, coa xente miña,
perto dos homes bós que sofren longo
unha historia contada en outra lingoa.
Non falo pra os soberbios,
non falo pra os ruís e poderosos,
non falo pra os finchados,
non falo pra os estúpidos,
non falo pra os valeiros,
que falo pra os que agoantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
pra os que súan e choran
un pranto cotidián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas
de todos os que sofren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, doce mágoa das Españas,
deitada frente ao mar, ise camiño..."
Este é un espazo para curiosos. Que pasou tal día coma hoxe...tal ano? . Queres fisgar? Dálle logo!!! Editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño
+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño
Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.
26/01/2013
Unha curta gañadora en Berlín.
Unha curta sinxela sobre o valor da amizade e a liberdade. Disfrutade da sinxeleza desta pequena xoia:
25/01/2013
24/01/2013
Historia ilustrada da música en seis minutos !!
Disfruta deste vídeo no que se repasa a historia da música occidental:
1812: Queda abolida a pena de forca.
O 24 de xaneiro de 1812 publicábase o Decreto CXXVIII sobre a abolición da pena de forca.
Aquí vai a páxina do Decreto para que poidades lela. A colección completa podédela atopar no seguinte enlace: http://www.cervantesvirtual.com/obra-visor/coleccion-de-los-decretos-y-ordenes-que-han-expedido-las-cortes-generales-y-extraordinarias-desde-24-de-septiembre-de-1811-hasta-24-de-mayo-de-1812-tomo-ii--0/html/0027bda0-82b2-11df-acc7-002185ce6064_83.html
23/01/2013
1931: Morre Anna Pavlova.
O 23 de xaneiro de 1931 morría a bilarina rusa Anna Pavlova. Unha das mellores bailarinas de tódolos tempos. Actuaba na compañía de Diaghilev e fíxose célebre pola súa interpretación de A morte do cisne. Chegou a ter a súa propia compañía de baile en Inglaterra.
Disfruta do seu talento no seguinte vídeo:
22/01/2013
1788: Nace Lord Byron.
O 22 de xaneiro de 1788 nacía en Londres George Gordon, Lord Byron. Foi o primeiro poeta inglés que conseguiu ser famoso en vida.O seu primeiro libro , Composicións fugaces, publicado con 18 anos, foi prohibido. Despois dunha longa viaxe por Europa escribiu Peregrinación de Childe-Harold, un largo poema que o deu a coñecer. Máis tarde publicaría O corsario, O infiel.... Tamén é autor de varios dramas, por exemplo, Manfredo ou Marino Faliero. Finalmente vería a luz a que é considerada a súa obra máis importante , Don Juan, un poema no que narra as aventuras do mítico personaxe cunha profunda carga de ironía e de sátira.
Aquí tes un enlace para poder ler algún dos seus poemas: http://amediavoz.com/byron.htm
21/01/2013
1950 : Morre George Orwell
O 21 de xaneiro de 1950 morría en Londres George Orwell, pseudónimo do escritor Eric Balir.
Escribiu varios libros, Días birmanos, Sin blanca en París e Londres, ou Homenaxe a Cataluña que teñen un hoco na historia da Literatura ,pero os que de verdade o fixeron famoso internacionalmente foron Rebelión na granxa , unha fábula sobre o estalinismo, e 1984 , unha novela que anticipa unha sociedade automatizada e vixíada polo Big Brother.
Aquí vai un anaquiño de 1984, a película que adapta a novela. Para que a guerra?
1793: Luis XVI é guillotinado.
O 21 de xaneiro de 1793 Louis XVI era guillotinado en París. Fora o sucesor de Louis XV e marido da famosa Maria Antonieta de Austria . Despois da invasión das Tullerías polo pobo en agosto de 1972 ,foi detido en confinado coa súa familia na torre do Temple, de onde saíu para ser condenado a morrer guillotinado.
A súa muller, María Antonieta, non foi axusticiada ata o 16 de outubro do mesmo ano.
20/01/2013
1993: Morre Audrey Hepburn.
O 20 de xaneiro de 1993 morría en Suiza a actriz Audrey Hepburn. Os seus traballos no cine convertírona nun icono do estilo, a elegancia e o bon gusto. Pasou os últimos anos da súa vida entregada a causas benéficas colaborando con UNICEF na procura dunha vida mellor para a infancia.
Quedarán para sempre as súas películas: Sabrina. Vacacións en Roma, Charada, My Fair Lady, Guerra e Paz, Breakfast's at Tiffanys,etc.
Aquí queda unha escea mítica da gran Audrey Hepburn:
Subscrever:
Mensagens (Atom)