O 27 de outubro de 1553 Miguel Servet foi queimado vivo en Xenebra por orde de Calvino. Nacera en Villanova de Sigena (Huesca) en 1511 co nome de Miguel Serveto Conesa. Foi un médico , teólogo ., científico e humanista español. En 1546 publicou a súa obra Christianismo Restitutio e foi denunciado por Calvino diante do Tribunal da Inquisición de Lyon. Acusárono de herexe e condenárono a morrer na fogueira. Entre os seus descubrimentos científicos destaca a demostración da circulación pulmonar do sangue.
Este é un espazo para curiosos. Que pasou tal día coma hoxe...tal ano? . Queres fisgar? Dálle logo!!! Editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño
+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño
Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.
27/10/2012
1782: Nace Paganini.
O 27 de outubro de 1782 nacía en Xénova (Italia) o violinista e compositor Niccolò Paganini. Foi todo un revolucionario na maneira de tocar o violín usando técnicas descoñecidas no seu tempo. Entre as súas obras destacan os seus Concertos e os Caprichos para violín solo, 12 sonatas para violín e guitarra, 60 variacións para guitarra e violín , cuartetos e fugas.
Aquí che queda unha mostra da súa música:
26/10/2012
1863: Formúlanse as reglas do fútbol.
A maioría dos estudosos do fútbol coinciden en que foi o 26 de outubro de 1863 cando se fundou a The Football Association. As reunións tiveron lugar na Taberna Freemason's co fin de conseguir un código común para tódolos equipos de fútbol que estaban xurdindo naquel momento. Foi o 19 de decembro de 1863 cando se disputou o primeriro partido oficial co novo reglamento. Pero ,en realidade , xa hai noticias de algo parecido ao fútbol nos séculos II e III a. C. en China. Despois foi evolucionando de século en século en distintas partes do mundo ata chegar ao que coñecemos hoxe.
Se che interesa o tema aquí che queda a páxina oficial da FIFA: http://es.fifa.com/classicfootball/history/law/summary.html
25/10/2012
1881: Nace Picasso.
O 25 de outubro de 1881 nacía en Málaga Pablo Ruíz Picasso un dos máis famosos artistas da historia. Ademais de pintor era ceramista, escultor, grabador, escenógrafo e figurinista. Viaxou a París onde comezou o seu Período Azul no que pinta a vida de seres miserables: O vello guitarrista, Pobres á beira do mar. En 1904 empeza o Período Rosa con cores máis claras e menos opresión : Familia de acróbatas con mono. En 1907 comeza o cubismo co cadro As señoritas de Avignon. Despois de 1918 alterna o cubismo con outras formas de expresión. Como figurinista e escenógrafo colaborou con grandes do teatro como Lorca. En 1937 pintou o famoso Guernica no que reflexaba a traxedia e o horror da Guerra Civil Española. Non deixou de pintar ata o final dos seus días.
Mira como pintaba:
Neste enlace podes repasar a súa obra: http://algargosarte.lacoctelera.net/post/2009/09/08/pablo-picasso-1881-1973-etapas-y-obras-principales-esquema
1838: Nace Georges Bizet.
O 25 de outubro de 1838 nacía en París o compositor Georges Bizet. Gran músico e compositor forma parte da historia da música gracias a súa ópera Carmen. Tamén son súas outras obras importantes como O pescador de perlas ou o seu famoso Te Deum. Ademais deixou escritas varias obras sinfónicas, cancións e cantatas.
A ti seguro que che sona esta:
24/10/2012
1929: Crac de New York.
O 24 de outubro de 1929 tivo lugar o chamado Xoves Negro. Supuxo o comezo da caída da bolsa de New York que acabaría desplomándose no Luns Negro e o Martes Negro, 28 e 29 de outubro respectivamente. Coincidiu co inicio da Gran Depresión. Algúns economistas din que se debeu á manipulación da oferta monetaria por parte do goberno americano. Trouxo consigo tal descalabro económico que moitos magnates da Bolsa optaron polo suicidio ante a situación.
1945: Entra en vigor a ONU
O 24 de outubro de 1945 entrou en vigor a Carta de San Francisno na que os países integrantes fundaban a ONU, fora asinada o 26 de xuño do mesmo ano. Nun principio eran 50 países e pouco a pouco fóronse incorporando outros estados pacíficos que acataron as reglas que contén a Carta. Está formada por seis órganos: Asamblea Xeral, Consello de Seguridade, Consello Económico e Social, Consello de Tutela ou Administración Fiduciaria e Secretaría Xeral. O actual secretario é Ban Kimoon. O seu fin principal é manter a paz e fomentar as boas relacións entre os distintos estados. Como xa podes imaxinar, non sempre consiguen o seu obxectivo.
23/10/2012
1817: Nace o creador da enciclopedia Larousse.
O 23 de outubro de 1817 nacía en Francia Pierre Athanase Larousse, un estudoso do léxico, gramático e pedagogo. É importante na historia da cultura porque supuxo toda unha revolución no mundo da educación . En 1851 fundou co seu socio Augustin Boyer a Librairie Larousse et Boyer, unha editorial que se adicaría a publicar libros de texto e manuais tanto para alumnos como para profesores, buscando sempre o desenrolo da creatividade e a independencia na aprendizaxe.
En 1856 publicaron un diccionario de francés que daría despois no Petit Larousse e en 1863 saíu o primeiro tomo da Enciclopedia Larousse. ¡En 1856! Que che parece??
22/10/2012
1906: Morre Paul Cezanne.
Os xogadores de cartas. |
O 22 de outubro de 1906 morría en Aix en Provence o pintor Paul Cezanne. Destacou dentro do postimpresionismo cos seus bodegóns , as naturezas mortas e as paisaxes. Entre os seus títulos máis destacados están A casa do aforcado, Paisaxe en Auvers, A montaña de Santa Viictoria, O lago de Annecy, Bañistas, etc
Neste enlace podes atopar todo o referente a el e a súa obra: http://www.paul-cezanne.org/
Aquí un vídeo con parte da súa obra:
1876: Nace Pau Casals.
O 22 de outubro de 1876 nacía en El Vendrell Pau Carles Salvador Casasl i Defillò, Pau Casals. Foi un violoncelista de fama mundial , compositor de sardanas e de música de cámara. Foi el quen recuperou as obras de Bach para viloncelo sen acompañamento. Son obras súas El cant dels ocells, El pesebre, Himno das Nacións Unidas, etc.
Aquí che queda o Himno da ONU:
21/10/2012
1925: Nace Celia Cruz.
O 21 de outubro de 1925 nacía na Habana (Cuba) Celia Cruz.Foi unha cantante cubana que levou a salsa por todo o mundo. Era a cantante solista da orquesta La Sonora Matancera en Cuba ata que se exiliou primeiro a México e despois a EE.UU. donde triunfou en solitario. Entre os seus éxitos destacan Bemba colorá, Químbara, La vida es un carnaval, etc.
Aquí che deixo unha das súas cancións, busca en Youtube, hainas a moreas.
1833: Nace Alfred Nobel.
O 21 de outubro de 1833 nacía en Estocolmo Alfred Nobel , enxeñeiro, industrial, inventor e químico sueco. Descubriu a dinamita e un método que permitía a destilación continua do petróleo, Conseguiu tantos cartos que deixou escrito no seu testamento que a súa fortuna se empregase en premiar cada ano as persoas e institucións máis destacadas en cinco ámbitos: Medicina e Fisioloxía, Química, Física, Literatura e Paz. É de supoñer que foi unha maneira de descargar a súa culpa por inventar un medio de matar máis xente en menos tempo...
Subscrever:
Mensagens (Atom)