+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño

Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.

26/04/2013

1898: Nace Vicente Aleixandre.

Vicente Aleixandre
O 26 de abril de 1898 nacía en Sevilla o poeta ,Premio Nobel de Literatura, Vicente Aleixandre.
É considerado o pai do verso libre  na poesía española moderna. Na súa primeira etapa destacan as obras de temática amorosa: Espadas como labios ou La destrucción o el amor. Nunha segunda etapa ,marcada pola historia e a preocupación cívica ,destacan títulos como  Sonidos de la guerra ou Diálogos del conocimiento. En prosa escribiu varios libros sobre poetas españoles e unha sobre Picasso . 
No seguinte enlace podemos recordar algún dos seus poemas máis coñecidos: http://www.amediavoz.com/aleixandre.htm#

A continuación un vídeo dun poema de Vicente Aleixandre na súa propia voz:

25/04/2013

1953: Descubren a molécula do ADN.

Watson e Crick
Tal día coma hoxe de 1953 os científicos Watson e Crick daban a coñecer á revista Nature o descubrimento da estrutura molecular do ADN. 
Hoxe sabemos que  está formada pola unión de miles de subunidades denominadas nucleótidos. Hai catro tipo de nucleótidos, o lugar en que están dispostos na cadea  constitúe a linguaxe na que está escrita a información xenética. Cada molécula  de ADN está formada por dúas cadeas de nucleótidos. Esta cadea dobre prégase sobre sí mesma formando unha dobre hélice.
Non se imaxinaban Watson e Crick as consecuencias que os seus estudos terían para a humanidade. A xenética avanza a pasos axigantados e , se as leis o permiten, dentro dalgúns anos veremos grandes avances na prevención de enfermidades dexenerativas, en doenzas "raras" e en moitos males que son hoxe causa de morte e sufrimento para moitas persoas.

24/04/2013

1867: 1ª Asemblea do Ku-Klux-Klan

O 24 de abril de 1867 tivo lugar en Nashville (EE.UU.) a primeira asemblea do Ku.Klux-Klan (KKK), unha serie de organizacións de extrema dereita que predicaban e predican a supremacía da raza blanca, o antisemitismo, o racismo, o anticatolicismo, o anticomunismo, a xenofobia e o xeocentrismo. Os seus métodos baséanse na violencia e na intimidación queimando cruces para aterrorizar ás súas vítimas.
Esta organización xurdeu xusto despois da Guerra de Secesión americana, foi fundada por veteranos de guerra para evitar que a poboación negra acadase os dereitos que a vitoria do Norte na Guerra Civil  lles concedía. En realidade, xa en 1865 houbera un intento de creación de algo parecido, pero podemos dicir que é agora cando se integran os distintos grupos xurdidos nunha soa organización.
O triste  de todo este asunto é que o KKK sigue campando nos EE.UU. Agora atacan tamén a hispanos e asiáticos aos que consideran unha ameaza. Por sorte, non o fan tan abertamente como antes porque non é politicamente correcto e os movementos prodereitos civís serviron para algo, aínda así é triste que sigan existindo.
A esta xente haberia que explicarlles un par de cousiñas sobre a "supremacía étnica"...

23/04/2013

Feliz Día do Libro !!

No Día do Libro toca disfrutar dos libros e de todo o relacionado con eles. Feliz día ...

22/04/2013

Vuela por mí

Cantos de nós abririamos a porta da gaiola? Da nosa gaiola ou da gaiola allea? Porque cada un ten as súas propias cadeas...



21/04/2013

1918: Cae o "Barón Vermello".

Barón Vermello.
Manfred Albretcht Freihrr von Richthofen , famoso militar alemán chamado o Barón Vermello  morría abatido en Vaux -sur-Somme, no Norte de Francia o 21 de abril de 1918.  Bautizárono co citado apelativo porque o seu biplano estaba pintado de vermello para que os seus inimigos o recoñecesen entre o resto das aeronaves.
 Fíxose famoso porque na Primeira Guerra Mundial conseguiu derrubar oitenta aeroplanos contrarios. O seu sentido do honor obrigábao a deixar fuxir aos que deixaba malferidos.
Concedéronlle varias condecoracións entre elas a Cruz de Ferro, a Pour le Merite e a Orde da Aguia Vermella.
Velaí unha réplica do avión que o fixo inmortal: