+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño

Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.

01/12/2012

1955: Rosa Parks négase a levantarse no autobús.

O 1 de decembro de 1955 Rosa Loise Mc Cailey, Rosa Parks, muller de raza negra, negouse a levantarse do seu asento no autobús para deixarlle o sitio a un blanco. Este xesto tan sinxelo cambiou a historia dos dereitos civís en EE.UU. Foi levada á cadea por este "delito", pero Martin Luther King, que sería un líder antirracista, empezou unha serie de protestas contra os autobuses públicos de Montgomery. Este foi o xerme dunha riada de protestas contra a segregación racial .

ABRAZO, curta de animación.

O poder sanador dunha aperta desde o fondo da alma:

30/11/2012

1935: Morre Pessoa.

Fernando Pessoa
O 30 de novembro de 1935 morría en Lisboa o poeta luso Fernando Pessoa, unha das voces máis importantes da literatura en lingua portuguesa.  A partir de 1914 empezou a crear heterónimos, é dicir, persoaxes ficticios aos que Pessoa lles atribúe os seus escritos, por exemplo, Alberto Caeiro, Álvaro de Campos ou Ricardo Reis. A maior parte da súa obra foi publicada postumamente: Poesías de Álvaro de Campos, Poesía de Fernando Pessoa, Odas de Ricardo Reis, etc.
No enlace que aparece a continuación podes ler algúns dos seus poemas traducidos ao castelán: http://www.amediavoz.com/pessoa.htm, e outro para lelos en portugués: http://marmaquinandonotempo.blogspot.com.es/
E aquí un vídeo cun poema seu en portugués, seguro que o entendes todo, somos galegos, falamos galego, o portugués é moi parecido:

1835: Nace Mark Twain.

O 30 de novembro de 1835 nacía en Missouri (EE.UU.) o escritor Samuel Langhorne Clemens, coñecido como Mark Twain.  Traballou nos máis diversos oficios ao longo da súa vida, todos eles o enriqueceron como persoa e aportáronlle valiosas experiencias para a súa obra literaria. Ten tres títulos fundamentais: Vida no Mississippi, Tom Sawyer e Huckleberry Finn, nas que reflexa a súa infancia a carón do río Mississippi. Tamén é seu o libro Un ianqui na corte do rei Arturo,  ambientada na Inglaterra medieval.
Neste enlace atoparás algunhas frases súas: http://www.proverbia.net/citasautor.asp?autor=1003

29/11/2012

1924: Morre Puccini.

O 29 de novembro de 1924 morría en Bruselas o compositor italiano Giacomo Puccini.  É un dos máximos representantes do verismo na ópera italiana. Entre os seus títulos destacan: Manon Lescaut,  Le Villi, La Bohème, Tosca, Madame Butterfly, etc.
Aquí vai un fragmento de Madame Butterfly na voz de Maria Callas, unha xoia!!!
Se non a escoitas , non podes dicir que non che gusta.

1832: Nace a autora de "Mujercitas"

O 29 de novembro de 1832 nacía en  Pensilvania (EE.UU.) Loisa May Alcott, novelista. Foi unha gran loitadora e participou nas campañas abolicionistas e na loita polo dereito ao voto da muller. En 1868 publicou unha novela que marcaría a historia de moitas xeracións, Little women , xa que en 1933 G.Cukor levouna o cine e foi todo un éxito . A novela encádrase dentro da literatura xuvenil e a película é para tódolos públicos.Non a viches aínda? Non te preocupes cada ano nas vacacións de Nadal hai algunha televisión que a pon. 
Alcott tamén escribiu Homiños, Baixo as lilas e Os rapaces de Jo, ademais dun relato gótico titulado A muller de mármore e unha novela inédita ata 1994, Cacería de amor longo e fatal.
Este é o trailer da película orixinal, pero hai versións posteriores, claro.

28/11/2012

1912: Nace Granell.

O 28 de novembro de 1912 nacía o coruñés Eugenio Fernández Granell. Foi un recoñecido músico, escritor e pintor escultor,cineasta , aínda que é a pintura a que lle deu máis sona.
Pasou gran parte da súa vida no exilio pola súa ideoloxía , voltou a España en 1985.
A Fundación Eugenio Granell, en Santiago de Compostela, encárgase de conservar e promocionar o seu legado.
Neste enlace tes acceso á Fundación Granell: http://www.fundacion-granell.org/actualidad/index.php.
E neste vídeo podes ver algún dos seus cadros:

Mantenga limpia España.

Un anuncio do goberno de Franco para convencer a poboación na necesidade de "ser limpos". Ti que fas?

27/11/2012

Toupa

1895: Morre Alexandre Dumas(fillo)

O 27 de novembro de 1895 morría en Versalles (Francia) o escritor francés Alexandre Dumas, fillo do escritor do mesmo nome. O pai fixérase famoso con obras como Os tes mosqueteiros ou O Conde de Montecristo. O fillo entrou na literatura coa obra  Aventura de catro mulleres e un papagaio, pero foi a súa novela A dama das camelias a que o fixo inmortal .Primeiro apareceu como novela , pero despois  fíxose unha adaptación para a ópera A Traviata de Giuseppe Verdi; xa no século XX foi adaptado ao cine ( Camille) , o teatro  e o ballet.

26/11/2012

A flor máis grande do mundo. José Saramago.

Ás veces os pequenos xestos teñen grandes consecuencias. Se todos nos adicaramos a carrexar pingas de auga ,as flores serían máis fermosas e grandes. Unha metáfora da vida para aprender unha boa lección. Disfruta da curta: 

1942: Estréase "Casablanca".

O 26 de novembro de 1942 estreábase en New York a película Casablanca, sen dúbida, unha das películas máis importantes da historia do cine. Os protagonistas erah Humphrey Bogart e Ingrid Bergman e o director, Michael Curtiz. A música estaba composta por un dos grandes da historia da música, Max Steiner; a súa banda sonora será eterna. Está basada nunha obra teatral que nunca chegou a interpretarse, Everybody comes to Rick's. Foi  premiada con tres Óscar .
Tes que vela. De momento, aí che vai unha das súas escenas máis famosas:


25/11/2012

25 de novembro: Día contra a violencia de xénero.

Pensa un pouco no triste que é que haxa que ter un día contra a violencia de xénero. Mira hoxe nos periódicos e na TV e infórmate do número de mortas ao ano, de que se pode facer para axudalas, de que pasa despois do maltrato. Pregunta na casa, é un tema moi serio e nunca é demasiado cedo para enterarse.

"Alma". Curta de animación.

Fíxate ben a ver se hai algún muñeco na tenda que se pareza a ti...