O 6 de xullo de 1893 morría en París o escritor francés Guy de Maupassant. Foi un escritor de vocación tardía, empezou a escribir aos 30 anos animado por Flaubert. Máximo representante do Naturalismo francés, foi un gran narrador. Fiel aos ditados do movemento naturalista, Maupassant era un gran observador, con gran capacidade para o retrato de personaxes e de ambientes, capaz de retratar cun pouso amargo e despiadado a sociedade pequenoburguesa da súa época. Entre a súa obra sobresaen algúns dos seus contos, entre eles Bola de sebo; as súas novelas Unha vida e Pedro e Xan, Bel ami ou O noso corazón; amén de libros de relatos como A casa Tellier, Os contos da Bécasse ou As irmás Rondoli. A mala fortuna fixo que a última década da súa vida a pasara cunha precaria saúde mental, de feito, morreu nun sanatorio psiquiátrico.
A continuación deixo o enlace para ler o texto completo do relato Bola de sebo: http://www.ciudadseva.com/textos/cuentos/fran/maupassa/bola_de_sebo.htm