Non é máis que un inocente anuncio de pastillas de caldo concentrado, pero deixa ben clariño o sitio de cada quen: a muller guapa, arreglada, cociñando para a familia; o marido encorbatado ( supónselle un traballo de prestixio) está sentado á mesa para que ela o sirva e adícalle unha mirada "conforme" despois de probar o guiso.
Menos mal que algunhas cousas van mudando, porque...os rapaces tamén poñedes a mesa, cociñades e facedes a tarefa da casa ; non?? Non esperaba menos de vós.
Cantádelle a canción a vosos pais, veredes como a saben. Bon proveito!!