Tal día coma hoxe de 1936 o pobo galego apoiaba por maioría en referendo o Estatuto de Autonomía de Galicia.
Problema? Que non chegou a ser aprobado nas Cortes porque se meteu polo medio a Guerra Civil española.
A maioría dos que o redactaron e promoveron eran republicanos e entre eles destacaron Villar Ponte e Lois Peña Novo.
As guerras sempre tran atraso , antes e agora, non??
NON Á GUERRA !! Nin antes, nin agora , nin nunca.
Se xa no 36 os nosos devanceiros loitaron pola Galiza e por unha sociedade digna, nós non podemos ir para atrás coma o cangrexo. Temos que loitar para que Galiza ocupe o lugar que lle corresponde e para iso , temos que estar orgullosos do noso e do que somos.
Somos ou non somos? Pois iso.
Sem comentários:
Enviar um comentário