Unha curta chea de ritmo...
Este é un espazo para curiosos. Que pasou tal día coma hoxe...tal ano? . Queres fisgar? Dálle logo!!! Editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño
+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño
Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.
09/03/2013
08/03/2013
07/03/2013
Special delivery.
Unha curta que gañou o Óscar en 1978. Unha boa historia non precisa grandes debuxos.
1875: Nace Ravel.
O 7 de marzo de 1875 nacía o compositor Joseph Maurice Ravel. Destacou pola perfección formal, a riqueza melódica e o dominio da orquestra e da harmonía nas súas obras. Son títulos seus Pavana para unha infanta difunta, Dafnis e Cloe, Rapsodia española e o seu famoso Bolero.
06/03/2013
García Márquez cumple 86 anos. Parabéns!!
Foto por Baldo Pestana. |
Hoxe non toca afondar na súa obra, só recordalo e darlle os nosos parabéns.
1653:Estréase "La Traviata".
Primeiro cartel de La Traviata. |
O 6 de marzo de 1653 estreábase na Fenice de Venecia a ópera La Traviata de Giuseppe Verdi. Francesco Maria Piave escribiu o libreto a partir dunha adaptación ao teatro da novela A dama das camelias de Alexandre Dumas (fillo). O día da estrea foi un fracaso estrepitoso. Parece ser que a soprano escollida distaba moito de parecerse a Violeta, a xoven protagonista, e o público burlouse sen clemencia da pobre muller. O barítono e o tenor tamén foron ridiculizados. Anos despois, en 1854, La Traviata volveu ser representada con outros intérpretes e con lixeiros cambios na obra, esta vez foi un éxito.
Pódese decir que actualmente, La Traviata e unha das óperas máis representadas do mundo.
Aquí queda un fragmento que case todo o mundo cantaruxa.
05/03/2013
1877: Estréase O lago dos cisnes.
O 4 de marzo de 1877 for presentado no Teatro Bolshói de Moscú o ballet O lago dos cisnes con coreografía de Julius Reinger e música de Tcahikovsky. Foi un fracaso. Houbo que esperar ata 18 anos máis tarde a que se ocupasen da coreografía dous nomes novos: Marius Petipa e Lev Ivánov que a modificaron e lograron un sonoro triunfo no teatro Mariinsky de San Petesburgo . Neste ballet atópanse algunhas das máis fermosas esceas da historia da danza. Velaí un exemplo:
1678: Nace Vivaldi.
O 4 de marzo de 1678 nacía en Venecia o compositor Antonio Vivaldi. É un dos máximos representantes da música instrumental barroca. A maioría da súa produción foi feita para os grupos musicais do Ospedale della Pietà de Venecia. O seu xeito de entender a composición serviu para desenrolar a técnica do violín a base de escalas rápidas , arpegios,etc. A súa obra máis coñecida é As catro estacións, pero tamén é autor de sonatas, oratorios ou óperas( Orlando Furioso, A fida ninfa). Resulta sorprendente que o autor dunha das obras máis coñecidas da música clásica de tódolos tempos morrese na miseria.
Tratándose de músicos, sempre hai que escoitar e disfrutar:
03/03/2013
1923: Aparece a revista TIME
Primeira portada da revista TIME |
O 3 de marzo de 1923 aparecía en EE.UU. o primeiro número da revista TIME. Hoxe en día conta con cinco edicións: a nortemaericana, a canadense (Toronto), a asiática (Hong Kong), a europea (Londres) e a do Pacífico Sur (Sidney). Foi fundada por Brith Haden e Henry Luce e nunca deixou de publicarse desde entón.
Este semanario é coñecido en todo o mundo e cada ano nombra "Persoa do Ano" a unha persoa, cousa ou grupo pola súa relevancia nas noticias.
Pódese dicir que TIME é unhas das publicacións máis importantes da historia do periodismo do século XX, queda agardar que lle depara o século XXI.
Subscrever:
Mensagens (Atom)