Este é un espazo para curiosos. Que pasou tal día coma hoxe...tal ano? . Queres fisgar? Dálle logo!!! Editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño
+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño
Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.
28/07/2012
Anuncio mítico: Mirinda.
1741: Morre Vivaldi.
Antonio Vivaldi foi un compositor e violinista italiano que morreu tal día coma hoxe de 1741 en Viena. É un dos máximos representantes da música instrumental barroca. Escribiu uns 450 concertos , os máis coñecidos son os que forman a colección das Catro estacións (1725). Tamén escribiu oratorios, cantatas , música sacra e óperas. Tanto traballo e morreu na pobreza.
Aquí che deixo un vídeo dun fragmento seu:
1951: Nace Santiago Calatrava.
Tal día coma hoxe de 1951 nacía en Valencia o arquitecto Santiago Calatrava. Admirado por uns e criticado por outros é o creador de moitísimas obras por todo o mundo. Neste enlace podes encontrar a súa obra e tódolos datos que che poidan interesar, é a súa páxina web:http://www.calatrava.com/ . Só para que che entren ganas de mirar direiche que el creou a ponte "del Alamillo" de Sevilla, a Cidade das Artes e das Ciencias de Valencia, o viaducto de Bach de Roda de Barcelona, a Gare de Oriente de Lisboa, o Auditorio de Tenerife, a Turning Torso en Malmö , Suecia; etc, etc, etc. Vouche poñer un vídeo para que xulgues ti mesm@ o seu traballo e o do seu equipo, porque estas obras son froito dun gran traballo en equipo , por suposto, el é a mente pensante pero sin o seu grupo non sería o mesmo.
27/07/2012
1663: Monopolio real do transporte marítimo.
Tal día coma hoxe de 1663, o Parlamento de Inglaterra aproba a Segunda Acta de Navegación pola cal tódalas mercadurías europeas con destino ás colonias británicas en América deben chegar ao seu destino en buques de bandeira inglesa. Visión comercial que lle chaman!!
1939: Nace Vázquez Montalbán.

1951: Nace Bernardo Atxaga.

26/07/2012
1875: Nace Carl Jung
Tal día coma hoxe de 1875 nacía Carl Jung. Quen?? Carl Jung, un psiquiatra suizo. Destacou no mundo da psicoanálise na que tivo a súa propia escola, primeiro foi discípulo de Sigmund Freud pero despois abandonou as súa teorías e elaborou as súas propias que se centraban na importancia do impulso creador do ser humano. Escribiu varias obras sobre o tema.
Neste enlace http://www.proverbia.net/citasautor.asp?autor=533 tes algunha das súas frases.
1894: Nace Aldous Huxley
Tal día coma hoxe de 1894 nacía Aldous Huxley, un escritor británico. Se por algo destacou na súa vida foi pola súa intelixencia e pola súa retranca, con elas soupo retratar unha sociedade decadente, hipocrita e baleira. Seguro , segurísimo que tes oído algún dos seus títulos: Los escándalos de Crome,autobiográfica, Contrapunto ,na que retrata a personaxes da súa época, Un mundo feliz , esta si que che soa , nela retrata un mundo dominado polas máquinas e a xenética .
Gran frase para aplicar a nosa vida, non a esquezas nunca, o mundo será un lugar mellor para todos...
1875: Nace Machado.

25/07/2012
1978: Nace a primeira bebé probeta.
Tal día coma hoxe de 1978 nacía Louise Joy Brown, a primeira nena nada por fecundación "in vitro". Foi o primeiro caso no mundo e daquela houbo moito balbordo polo tema: cuestións éticas, relixiosas,médicas, etc. En 2008 , Louise foi mamá de xeito natural demostrando que os bebés fecundados in vitro poden e levan unha vida normal.
Cantos nenos haberá neste mundo que naceron grazas a esta técnica?? Benvida a ciencia !!
1984: Savitskaya convértese na primeira muller en pasear polo espazo.
Tal día coma hoxe de 1984 Svetlana Savitskaya converteuse na primeira muller en dar un paseo espacial.
Naceu o 8 de agosto de 1948 en Moscú e foi piloto e cosmonauta; agora adícase á política. Deu o seu paseo mentras estaba na estación espacial Salyut 7.
A primeira muller en viaxar ao espazo fora a súa compatriota Valentina Tereshkova.
2001: Morre Phoolan Devi.
Quen é esta muller? Unha versión moderna de Robin Hood na India, de feito é coñecida como "a raíña dos bandidos". A súa vida foi tan apaixonante que ata fixeron unha película basada na súa autobiografía. Cóntoche o principio e o final e ti les o libro:
Naceu nunha familia dunha caste das máis baixas da India. Con 11 anos obligárona a casar cun home 20 anos máis vello ca ela que a maltrataba e violaba continuamente ata que un día ela escapou e voltou para a súa casa, pero como os deshonrara non a admitiron na casa e ademais denunciárona por ladroa e foi parar ao cárcere. Alí volveu ser violada pola policía ata que se cansaron. Ao saír do cárcere pouco tiña que perder e...
Finalmente, chegou a presentarse ao Parlamento e foi elexida diputada. En 1998 foi candidata ao Nobel da Paz. Morreu asasinada en 2001.
24/07/2012
Anuncio mítico: La familia Telerín.
1911: Descubren o Machu Pichu
Tal día coma hoxe de 1911 o antropólogo, arqueólogo e explorador Hiram Bingham descubría o Machu Pichu. É un conxunto de ruinas dunha antiga cidade inca fortificada en Perú. Está a uns 90 km. de Cuzco , xunto ao canón do río Urubamba e no cumio dunha das montañas andinas.
É un tesouro da humanidade e deixa ben ás claras que os españois non civilizaron a ninguén porque cando eles chegaron as etnias que alí habitaban tiñan a súa cultura, as súas cidades, o seu medio de vida; en moitos casos superior á española.
1917: Mata-Hari é levada ante un tribunal militar.
Tal día coma hoxe de 1917 Mata Hari foi xulgada por un tribunal militar. Quen era Mata-Hari? Unha espía!! Pero unha espía das de verdade,eh! Era bailarina, moi fermosa, engaiolaba aos homes co seu arte. Triunfou por toda Europa co seu espectáculo de danzas orientais. Na Primeira Guerra Mundial fixo traballo de espionaxe para Alemaña polo que , unha vez descuberta, foi detida, xulgada e condenada.
1802: Nace Alejandro Dumas.

1823: Chile, primeiro estado americano en abolir a esclavitude.

“Son libres cuantos hombres son nacidos desde 1811 y cuantos nazcan en el territorio de la República; son libres cuantos pisen el suelo de la República: cuantos hasta hoy han sido esclavos, son libres desde la sanción de este acuerdo”
Despois a constitución de 1823, recolle as ideas de Infante pronunciase contra a esclavitud no artígo 8: “En Chile no hay esclavos: el que pise su territorio por un día natural será libre. El que tenga este comercio no puede habitar aquí más de un mes, ni naturalizarse jamás”.
23/07/2012
Anuncio mítico:Zapatillas paredes 1979
Os primeiros planos son para os cus das mulleres, todas marabillosas e fermosas; os homes con plano principal son un gordo e un vestido con capas de roupa superpostas. O I love New York púxose de moda por aquelas datas, andaban as discotecas a tope desas camisetas. Eran chulas , eh?
1876: Nace Ricardo Verde Rubio.

1957: Morre Di Lampedusa


22/07/2012
200 anos da batalla de Arapiles
Hoxe cúmplense 200 anos da batalla de Arapiles. Na Guerra de Independenza contra o francés, as tropas españolas, portuguesas e inglesas dirixidas por Wellington derrotaron as tropas de Napoleón ás ordes do xeral Marmont. Despois desta batalla, que tivo lugar en Arapiles (Salamanca) , Napoleón retirouse de Andalucía e Madrid.
1999: Morre Claudio Rodríguez
O 22 de xullo de 1999 morría en Madrid o poeta zamorano Claudio Rodríguez. Tivo unha vida marcada pola morte de seu pai cando el tiña 13 anos. Destacou como poeta. Foi profesor/lector de español en Nottinhgham e Cambridge. Recibiu moreas de premios, destacan o Premio Nacional de Poesía(1983), Premio Príncipe de Asturias de las Letras (1993), Premio Reina Sofía de Poesía Iberoamicana, etc. Ademais foi membro da Real Academia Española. Entre as súas obras destacan: Don de la ebriedad ou Conjuros, pero o mello para coñecelo ben é botarlle un ollo á súa Antología poética.
1949 : Nace Alen Manken

1894: Remata a primeira carreria automovilística da historia.
Tal día coma hoxe de 1894 remataba a primeira carreira de velocidade da historia. Empezara o día 18 de xullo organizada polo diario parisino Le petit journal. Dixcurreu entre París e Rouen cun percorrido de 122 km. e o vencedor foi Jules Albert de Dion que pilotaba un De Dion Bouton equipada cun motor de vapor.
Subscrever:
Mensagens (Atom)