+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño

Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.

19/01/2013

1809: Nace Edgar Allan Poe.

O 19 de xaneiro de 1809 nacía en Boston ( EE.UU.) o escritor Edgar Allan Poe. Ocupa un lugar destacado dentro da historia da Literatura grazas aos seus relatos      nos que mezcla horror, humor e tensión. A lista de títulos é moi longa , pero podemos destacar O gato negro,  O escaravello de ouro, Os crimes da Rue Morgue, O pozo e o péndulo, etc. Tamén escribiu unha novela, As aventuras de Arthur Gordon Pym e  teorizou sobre a poesía: Fundamentos do verso ou Filosofía da composición.
O mellor agasallo para Poe no seu aniversario é ler un dos seus libros, para ir facendo boca aquí che queda un vídeo no que se le  un texto seu: O corvo.


18/01/2013

1853: Estréase Il Trovatore de Verdi.

O 19 de xaneiro de 1854  estreábase no teatro Apollo de Roma a ópera Il Trovatore de Verdi. O libreto fora escrito por Salvatore Cammarano que adaptara a obra de teatro  El trovador do español Antonio García Gutiérrez. Trala morte de Cammarano, foi Leone Emmanuel Bardare quen se encargou de rematar os arranxos en colaboración co propio Verdi.
A ópera conta  unha historia ambientada na revolta de Jaime de Urgel contra Fernando de Antequera a principios do século XV.

Aquí vai un anaquiño:

1890: Primeira esquela en galego.

O 18 de xaneiro de 1890 aparecía publicada no periódico "A Monteira" de Lugo a primeira esquela en galego. O finado era don Xosé A. Trucharte y Villanueva.
O  primeiro número do periódico saíra o 5 de outubro (día de San Froilán, patrón de Lugo) de 1889. Chegaron a publicarse 85 números de aproximadamente 8 páxinas cada un . Dirixíao Amador Montenegro Saavedra. Ademais de publicar a primeira esquela en galego, ten entre os seus méritos que nas súas páxinas se deron a coñecer as  estrofas iniciais do poema de Pondal que se convertiría no himno de Galiza.

16/01/2013

1605: Sae a primeira edición de "El Quijote"

O 16 de xaneiro de 1605 saíu do prelo a primeira edición de El Quijote de Miguel de Cervantes. Así , nacía a novela moderna. Cervantes conseguira meter nun mesmo libro os xéneros máis diversos  que engaiolaban aos lectores do seu tempo. O seu personaxe, Don Quijote, converteuse nun mito, na imaxe do defensor dos máis altos valores. Aínda hoxe permanece esa idea.
Xa fai tempo que tes no blog o enlace para ver o Quijote interactivo, pero volvo a colgalo por se non tes ganas de rebuscar:
http://quijote.bne.es/libro.html

Se ben o pensas, hoxe necesitabamos un exército de "Quijotes" para poñer orde nesta sociedade federenta chea de corrupción,de nepotismo e de  vendettas persoais que corrompen a nosa especie...Non?

15/01/2013

Sebastian's Voodoo.

Unha curta especial,na que a forza do amor conduce ao sacrificio persoal para salvar ao resto.

14/01/2013

Invention of Love.

Unha curta chea de lirismo, simboloxía, tenrura, música fermosa e unha historia de amor e desamor.

1957: Morre Humphrey Bogart.

O 14 de xaneiro de 1957 morría en Hollywood o actor Humphrey Bogart. É un dos mitos do cine de tódolos tempos. Pasou á historia por títulos coma  Casablanca, Ter ou non ter, A raíña de África, Cayo Largo, A condesa descalza...
No seguinte vídeo aparecen fotogramas  e carteis das súas películas:

13/01/2013

Anuncio Coca-Cola / Pepsi.

Quen pensas que gaña?

1532: Prohíbese marcar aos indíxenas con ferros candentes.

O 13 de xaneiro de 1532 publícase en Sevilla unha Real Cédula que prohibía marcar aos indíxenas americanos con ferros candentes para a súa posterior venta. Igual que se fai agora coas reses bravas. A historia é tan abraiante que non teño palabras. 
E pregunto eu: Non din os libros de texto que os españois foron a América a "civilizar" aos indios?
Que conste que séculos despois seguiuse facendo con escravos africanos.
Pois iso, queda todo dito. As imaxes falan soas.