O 29 de decembro de 1934 estreábase en Madrid a obra Yerma de Federico García Lorca. Esta traxedia conta a historia dunha muller, Yerma, que se sinte desgraciada porque non pode ter fillos co seu marido,Juan. Unha historia conmovedora que revolove por dentro. Representouse por primeira vez no Teatro Español de Madrid con Margarita Xirgú como protagonista. Logo virían outras representacións con outras actrices no papel principal: Aurora Bautista, Nuria Espert, Aitana Sánchez-Gijón (cine); Silvia Marsó...
Este é un espazo para curiosos. Que pasou tal día coma hoxe...tal ano? . Queres fisgar? Dálle logo!!! Editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño
+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño
Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.
29/12/2012
27/12/2012
Anuncio de radio: Pepsi-Cola /1948.
Unha cuña publicitaria de radio do ano 1948, máis de medio século...
26/12/2012
"Un conto antes de durmir". Curta de animación.
Unha curta moi interesante. Que non che conten contos!!
25/12/2012
1931: Aparece Papa Noel en vermello e branco.
O primeiro Papa Noel vestido de vermello e branco foi creado por Habdon Sundblom, pintor estadounidense de orixe sueca. A empresa Coca-Cola encargoulle unha imaxe para Papa Noel que fose máis humana e creíble, así que Sudblom fíxoo máis alto, máis gordo , vestiuno coas cores da empresa ( vermello e branco) e deulle un aspecto de boa persoa feliz. Apareceu por primeira vez na campaña de 1931 e nos anos posteriores o seu creador foi mellorando o debuxo ata chegar a imaxe que hoxe coñecemos.
24/12/2012
1818: Cántase por primeira vez "Noite de paz"
O 24 de decembro de 1818 interpretouse por primeira vez a "Noite de Paz"en Obendorf, Austria. O tema fora composto por Joseph Mohr ( cura austriacao) e por Franz Xaver Gruber ( maestro de escola e organista). Algúns investigadores non están convencidos destes datos. De tódolos xeitos,o que importa é que levamos 194 anos cantando esta panxoliña cada Nadal. O éxito foi tal que hoxe existen versións feitas polos cantantes máis prestixiosos nunha morea de idiomas.
Esta é realmente fermosa:
23/12/2012
Subscrever:
Mensagens (Atom)