+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño

Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.

18/08/2012

Anuncio mítico: Flan Dhul e Ruíz Mateos.

Que che expliquen na casa a historia. Vén sendo algo así: Ruíz Mateos tiña unha empresa , Rumasa, e Boyer , que era ministro de economía, expropioulla. Desde ese momento empezou unha guerra entre eles , Ruíz Mateos aproveitaba calquera ocasión para meterse con el ata facer toda unha campaña publicitaria ríndose do ministro. A Isabel da que fala é Isabel Preysler, a das revistas e dos programas do corazón que agora é muller de Boyer...Un culebrón!!

2004: morre Elmer Bernstein, compositor de bandas sonoras.

Tal día coma hoxe de 2004  morría Elmer Bernstein, compositor de bandas sonoras. Foi un magnífico músico, tivo 10 nominacións aos Óscar e gañou un por Millie, unha rapaza moderna. Tamén son obra  súa: Os 10 mandamentos, Cazador de foraxidos, Os sete magníficos, Verán e fume, A gran evasión, Amencer zulú, Aterriza como poidas, Heavy metal, Os timadores, etc, etc.
Esta é unha das súas obras máis coñecidas:


17/08/2012

1920: Ratíficase o dereito ao voto da muller.

Tal día coma hoxe de 1919  foi ratificada a 19ª enmenda á Constitución dos EE.UU. que permitía o voto ás mulleres.Foron moitos anos de loita das mulleres e dos homes que as  apoiaban.

Anuncio mítico: Pavofrío.

A música é unha versión da canción "Don Diablo" de Miguel Bosé:

1908: Primeria película de animación.

Tal día coma hoxe de 1908  tivo lugar a primeira proxección  pública dunha película de debuxos animados, titulábase Fantasmagorie. Son 36 m. de cinta cunha duración de 1 minuto  57 segundos, obra do francés Emile Colh. En realidade,os historiadores non se poñen de acordo e algúns din que a primeira  é obra do aragonés Segundo de Chomón que en  1905 fixo dúas películas: unha de animación ( El hotel eléctrico)  e un documental ( Eclipse de sol) , outros din que a primeira foi  A casa encantada de James Stuart Blackton.

O caso é que esta é Fantasmagorie:


16/08/2012

Anuncio mítico: Tomate frito Apis anos 80'

Cántalles a canción a teus pais e verás como a saben...

1888: Nace Lawrence de Arabia.



Tal día coma hoxe de 1888 nacía Thomas Edward Lawrence, máis coñecido como  Lawrence de Arabia. Foi un militar inglés, membro de Servizo de Intelixencia Británico nos países de lingua árabe, tivo un importante papel como enlace na revolta árabe contra o dominio otomano na 1ª Guerra Mundial, na que ademais foi conselleiro do rei Husseim. Pasou á historia coma un personaxe de película, pero na realidade tamén foi arqueólogo e escritor, autor da obra Os sete pilares da sabiduría.
Nos seguintes vídeos podes ver un documental de media horiña sobre a súa vida.
Hai unha terceira parte que atoparás cando vexas estes.

1920: Nace BUKOWSKI


Tal día coma hoxe de 1920 nacía en Alemaña o escritor nacionalizado americano Charles Bukowski. De vocación tardía, empezou a escribir aos 35 anos. Na súa obra hai títulos de verso e de prosa, entre os primerios cabe destacar obras como O meu corazón está collido nas  súas mans,  Queimado na  auga, afogado polas lapas, Guerra sen tregua: poemas 1981- 1984;  entre a súa produción narrativa citaremos  Escritos dun bello indecente, Carteiro, Ereccións, exaculacións, exhibicións e demais  relatos da tolemia cotiá. Tamén escribiu obras auotbiográficas como  Confesións dun home o bastante tolo para vivir con animais  e Shakespeare nunca o fixo. Como ves polos seus títulos, a súa obra non se pode cualificar de convencional, está chea de dureza, presenta unha realidade marxinal e está marcada polo que nós chamaríamos retranca. No seguinte enlace podes revisar os seus poemas:http://amediavoz.com/bukowski.htm.                                                 

15/08/2012

Anuncio mítico: Ponche Caballero , Las Trillizas.

Non perdades detalle da coreografía...Ensinádeo na casa , a ver se se acordan destas tres mulleriñas que cantaban con Julio Iglesias, o pai de Enrique Iglesias!!

1907: Nace Carmen Conde, primeira académica da Lingua Española.

Tal día coma hoxe de 1907 nacía en Cartagena Carmen Conde Abellán, a que había ser primeira muller membro da Real Academia de la Lengua Española. 
Foi unha grande poeta, admirada por algún dos membros da Generación del 27 .Entre os seus títulos máis destacados están:  Brocal ( libro de poemas en verso),Derribado arcángel, Esperando la vida, A este lado la eternidad...Polo libro antolóxico Obra poética 1929-1966  déronlle o premio Nacional de Literatura José Antonio Primo de Rivera (1967) . En 1987 acadou o  premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil.
Neste enlace podes ler os seus poemas: http://amediavoz.com/conde.htm.

1771: Nace Sir Walter Scott

Tal día coma hoxe de 1771 nacía o que ía ser un dos autores de novelas máis lido de tódolos tempos e  un dos que máis fixo soñar a moreas de rapaces ao longo dos anos, Sir Wlater Scott. Foi un poeta e novelista británico que destacou sobre todo pola súa novela histórica. Sen dúbida o  título que o consagrou no xénero foi  Ivanhoe, pero no mismo estilo non podemos deixar pasar por alto títulos como Waverley, O anticuario, Rob Roy, A noiva de Lamermoore, Quentin Durward, etc. ; algunhas delas levadas ao cine con moito éxito.

14/08/2012

1956: Morre Bertholt Brecht



Tal día coma hoxe de 1956 morría Bertholt Brecht, un poeta e dramaturgo alemán. Na Primeira Guerra Mundial traballou nun hospital militar , ao seu remate é un pacifista convencido. Criticaba con dureza á burguesía desde a súa ideoloxía marxista. Coa victoria de Hitler  tivo que exiliarse. Foi sobre todo un teórico do teatro e  un gran autor teatral , entre os seus títulos pódense citar: Baal, Tambores na noite, Na espesura das cidades, A mai,  A cabeza redonda e a cabeza afíada, Madre Coraxe e os seus fillos, O círculo de xiz caucasiano ou A voda dos pequenos burgueses. Tamén hai que suliñar o seu poemaro Libro de sermóns domésticos e a súa novela Historias de almanaque.
Neste enlace recóllense 10 frases súas:http://www.proverbia.net/citasautor.asp?autor=120
No seguinte vídeo dáselle un pequeno repaso á súa vida:


2004: Morre o Nobel de Literatura Milosz.

Tal día coma hoxe de 2004 morría en Lituania o Premio Nobel de Literautra Czeslaw Milosz. Baixo o título de Salvación recóllese a súa obra escrita durante a Segunda Guerra Mundial. Na posguerra traduciu a moitos dos grandes: T.S.Elliot, Neruda ou Whitman. En 1953, exiliado xa nos EEUU, publica O pensamento cautivo. Tamén son de destacar o seu poemario A cidade sen nome, as novelas O poder cambia de mans, O val de Issa  ou dous libros autobiográficos: Visións do golfo de SanFrancisco e As miñas obligacións particulares.
Déixoche dous enlaces para dar unha voltiña pola súa obra, aséguroche que merece a pena.
http://www.hoyesarte.com/blogs/de-poesia/10282-milosz-una-palabra-que-protesta-apela-grita.html

13/08/2012

Mitsubishi Galloper con Georgi Dann

"La barbacoa" foi  a típica canción de verán durante varios anos, pregunta na casa, cántalles un anaquiño e verás como a saben!!

1946: Morre H.G. Wells.



Tal día coma hoxe de 1946 morría en Londres o escritor británico Herbert George Wells. De fonda formación científica, pasou á historia polos seus libros "de anticipación". Foi un auténtico visionario e deu conta das súas "predicións" en obras como A máquina do tempo, A illa do doutor Moreau, O home invisible, A guerra dos mundos , Os primeiros homes  na Lúa, Anticipacións, A formación da humanidade ou Utopía moderna; nestes títulos adiantaba un mundo controlado polos científicos e os intelectuais. Tamén escribiu libros de humor como O amor e Mr. Lewisham, Tono-Bungay ou A historia de Mr. Polly. Un título seu, Guerra aérea, anticipaba os efectos dos bombardeos que despois se deron na Segunda Guerra Mundial. 
No seguinte enlace http://mural.uv.es/jorgon/index2.htm tes unha páxina adicada a súa obra e ao mundo da ciencia-ficción; se che interesa o tema bótalle un ollo.

1961: Empezan a levantar o muro de Berlín.



Ao remate da Segunda Guerra Mundial , Berlín quedou dividido en catro sectores de ocupación: inglés, francés,soviético e estadounidense. O enfrontamento entre comunistas e aliados foi a  máis co paso dos anos  ata que deu lugar  a división do país en dúas Alemañas: RFA : República Federal Alemá (sectores occidentais)  e RDA :República Democrática Alemá (sector soviético). O caso é que en 1961 a xente empezou a abandonar  o sector soviético para pasar ao capitalista, cando a RDA se deu conta quixo frenar o éxodo e a noite do 12 de agosto de 1961 decidiu levantar un muro provisional de 155 kms de aramado,así quedou pechado o paso dun lado ao outro. Estivo en pe ata novembro de 1989, mentras, máis de 5000 persoas trataron de cruzalo, moitos morreron no intento.
Agora cando a caída do muro de Berlín xa é historia, moitos empéñanse en lavantar novas fronteiras nos países  modernos e civilizados nos que nos tocou vivir. Cousas dos  homes que son quen de enfuciñar dúas veces coa mesma pedra!!

12/08/2012

Anuncio mítico: Ducados 1992

20 anos!!

1964: Morre Ian Flemming.

Tal día coma hoxe de 1964 morría o escritor  británico Ian Flemming, creador do famosísimo  axente secreto James Bond, 007. Ademais  Flemming foi periodista ,axente de bolsa e membro  secreto da marina británica. Os principais títulos da súa saga  Bond  son: Casino Royale, Doctor No, Desde Rusia con amor, Goldfinger e Só se vive dúas veces; todas elas levadas ao cine con gran éxito.

1827: Morre William Blake.


William Blake foi un artista no amplo sentido da palabra: poeta, grabador e pintor inglés. As súas dotes para o debuxo permitíronlle ilustrar os seus propios libros de poesías. Gustaba do esoterismo, as experiencias místicas, o ocultismo, cousas raras que o inspiraron moito na súa obra.  Entre as súas obras literarias destaca: Cantos da inocencia, Matrimonio do ceo e do inferno e Cantos da experiencia. Algúns cualifícano de precursor do surrealismo. 
No seguinte enlace podes bucear na súa obra poética:http://amediavoz.com/blake.htm
Como ilustrador , destacan os debuxos que fixo para a Divina comedia de Dante, As Noites de E.Young ou O paraíso perdido de Milton.
No seguinte vídeo tes imaxes creadas por el, agardo que che interesen.