William Blake foi un artista no amplo sentido da palabra: poeta, grabador e pintor inglés. As súas dotes para o debuxo permitíronlle ilustrar os seus propios libros de poesías. Gustaba do esoterismo, as experiencias místicas, o ocultismo, cousas raras que o inspiraron moito na súa obra. Entre as súas obras literarias destaca: Cantos da inocencia, Matrimonio do ceo e do inferno e Cantos da experiencia. Algúns cualifícano de precursor do surrealismo.
No seguinte enlace podes bucear na súa obra poética:http://amediavoz.com/blake.htm
Como ilustrador , destacan os debuxos que fixo para a Divina comedia de Dante, As Noites de E.Young ou O paraíso perdido de Milton.
No seguinte vídeo tes imaxes creadas por el, agardo que che interesen.
Sem comentários:
Enviar um comentário