+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño

Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.

23/06/2012

"Réquiem" de Anna Ajmátova.

Tal  día coma hoxe de 1889 naceu Anna Ajmátova, poetisa rusa, autora do poema Réquiem na honra das víctimas de Stalin entre as que estaba o seu fillo Lev. Esta é unha versión libre  de Luisa Pastor de Auralia que pon os pelos de punta.

Willian Penn firma o Tratado da Terra: 1683

William foi un cuáquero inglés, fundador de Pennsylvania e un loitador  pola igualdade de dereitos: propoñía a igualdade social, a liberdade de culto, a dignidade da muller e a súa participación na vida pública, a non existencia de exército ( naqueles tempos, había que ter valor!!!) e a convivencia pacífica cos indíxenas americanos para os que reivindicaba o seu dereito aos territorios dos colonos. Con eles firmou tal día coma hoxe  de 1683 o Tratado da Terra.











Primeira volta ao mundo en avión




Tal día coma ohoxe de 1931 o piloto norteamericano
Wiley Post dá a primeira volta ao mundo en avión.
Todo un éxito para aqueles tempos, eh!

1894: Fúndase o COI

Tal día coma hoxe de 1894 fundouse o Comité Olímpico Internacional. Acordou que se celebrarían cada catro anos. Os impulsores do proxecto foron Dimitri Vikelas e Pierre de Coubertin. Os primeiros xogos olímpicos modernos celebráronse en  Atenas en 1896.
En 1993, tal día coma hoxe , inaugúrase en Lausana (Suiza)  o Museo Olímpico por iniciativa de Juan Antonio Samarnach, daquela presidente do COI.

22/06/2012

Meryl Streep, feliz aniversario!!

Tal día coma hoxe naceu Meryl Streep. Actriz norteamericana de cine, TV e teatro. Ganou tres Óscars e unha morea de premios máis. As película máis coñecidas e premiadas son:
Kramer contra Kramer, Memorias de África , A dama de ferro e A decisión de Sophie. Déixovos unhas escenas de Memorias de África, a miña favorita. Merece a pena velas , pero está é fermosísima. Consello: provisión de panos.

In memoriam: Fred Astaire

Fred Astaire foi un actor, bailarín e coreógrafo  que tivo moita fama no mundo do cine. Naceu o 10 de maio de 1899 e morreu o 22 de xuño de 1987, tal día coma hoxe.

Fixo moitísimas películas , entre as máis famosas destacan:
-Érase una vez en Hollywood,
-Melodías de Broadway
-Papá piernas largas
etc.
Déixovos un vídeo dun fragmento dunha película para que vexades como bailaba, seguro que a máis de un vos gustarían as súas películas:

21/06/2012

Sechu Sende está de aniversario: Parabéns


Naceu en Padrón en 1972. É Licenciado en Filoloxía Portuguesa e escritor. Entre as súas obras destaca Made in Galiza.
Defensor da nosa lingua de corazón.

Déixovos aquí un vídeo explicando a súa relación coa lingua galega,porque pode que non aínda non fales galego e nunca é tarde para convertirse en neofalante, porque o futuro do galego está nas nosas mans, mellor dito,nas nosas linguas



BOLI BIC: Anuncio mítico

O anuncio de hoxe é o do boli Bic, todos tedes un , ou non???

Pois aí vos queda un anuncio que fixo época e historia.
Porque nunca se deixarán de usar os bolis...

Jean-Paul Sartre naceu tal día coma hoxe de 1905

"
"Felicidad no es hacer lo que uno quiere sino querer lo que uno hace." Esta é unha de tantas frases que deixou escritas este escritor e filósofo francés. Foi o principal represetante do existencialismo. Destacou na súa época polas súas ideas revolucionarias e por atacar duramente ao goberno francés pola súa actuación militar en Argelia, por entón , colonia francesa.
En 1964 concedéronlle o Nobel de Literatura pero rexeitouno porque decía que poñía en perigo a súa integridade como escritor.
Entre as súas obras destacan O estranxeiro ,A  náusea, As moscas...Home , as súas obras non serven para levar á praia e pasar a tarde , pero si para pensar. Co tempo podedes lle botar unha ollada. Déixovos un enlace cun vídeo que contén frase súas, ao mellor anímavos a poñelo na vosa lista de libros futuros.

20/06/2012

Cola Cao: anuncios míticos



Con este imos empezar unha nova sección no blog: "anuncios míticos". Algúns serán tenros, outros graciosos ,  atrevidos, renovadores, inxeniosos e outros... machistas. Do que se trata é de ver como foi evolucionando a publicidade e como reflexan  a sociedade da época.
O Cola-Cao leva  décadas nas nosas casas, preguntade a vosos pais  ou a vosos avós e veredes como recordan este anuncio:




Tal día coma hoxe naceu Ignacio Zuloaga



Tal día coma hoxe de 1870 naceu o pintor español Ignacio Zuloaga. Eu non digo nada, mira o vídeo e a ver se che gusta.

KIKO DA SILVA está de aniversario

Kiko da Silva é un galego que estudou Belas Artes e que decidiu facernos a vida máis agradable co seu traballo. É un dos maiores creadores de banda deseñada en galego , un home que fai país e cultura grazas a súa obra. Ultimamente anda argallando nunha escola de banda deseñada.
Seguro que o coñeces de ver por aí debuxos del na revista "Retranca",  en libros , etc.
O caso é que hoxe é o seu aniversario e o mellor agasallo para el é dar a coñecer a súa obra. Déixoche o enlace do seu blog para que o coñezas mellor, fíxate ben nel porque estou segura de que fará historia. http://kikodasilva.blogspot.com.es/
Parabéns, Kiko da Silva!!!

Día Internacioanl das Persoas Refuxiadas


Hoxe é o Día Internacional das Persoas Refuxiadas.  Máis de 42'5 millóns de persoas do mundo tiveron que deixar o seu fogar fuxindo da fame, da guerra, dos desastres naturais, da violencia política, das mafias...para vivir nun campamento de refuxiados. De verdade cres que alguén deixa  por gusto a súa casa con catro cousas nunha bolsa para ir vivir  nunha tenda de campaña  no medio de miles de persoas que non coñeces de nada??
Existe un organismo , ACNUR que se preocupa e se ocupa de que vivan en condicións o máis dignas posibles. Déixoche a súa páxina: http://www.acnur.es/
 Como sei que sempre lles facedes  máis caso aos famosos, aí vos queda Angelina Jolie falando do tema:


19/06/2012

Francia elimina a "nobreza hereditaria"

Despois da Revolución Francesa de 1789, os franceses decidiron abolir a "nobreza hereditaria" por considerala inxusta e antidemocrática. E algo de razón levaban ...a nobleza está nos feitos, non nos títulos, digo eu...!
Na práctica esto supón que non hai monarquía e que os títulos de marqués, duque , etc non se heredan, vaia que morren con quen o ten! 
Hoxe en día hai un grupo que pretende restablecer a Monarquía en Francia, o "titular" ou "aspirante" ao trono sería Luis Alfonso de Borbón, fillo de Carmen Martínez Bordiu, neta de Franco e asidua das revistas e dos programas do corazón...Que cousas,eh??

Parabéns, Garfield!

Tal día coma hoxe de 1978 publícase a primeira tira de Garfield de Jim Davis. As bandas deseñadas apareceron a cor a partir do 7 de xuño de 1999 e en 1982 empezou a emitirse como serie de televisión. Agora ten ata dúas películas!!
Parabéns, Garfield!!

Atentado de Hipercor

O 19 de xuño de 1987 ,  a banda terrorista ETA colocaba unha bomba no Hipercor de Barcelona. Morreron 21 personas, 45 resultaron feridas, ducias de familias quedaron destrozadas e o estado enteriro tremeu horrorizado.
Ogallá que no presente e no futuro non vexamos, nunca máis, algo parecido.
(Fotografía de RTVE)

Aniversario de Salman Rushdie

Tal día coma hoxe de 1947 nacía en Bombai ( India) o escritor e ensaísta Salman Rushdie.
As súas obras máis importantes son : Fillos da media noite (1980) coa que ganou unha morea de premios,pero o que lle deu fama mundial  foi Os versos satánicos (setembro 1988). O libro foi considerado blasfemo contra o Islam e Rushdie foi ameazado de morte , dende entón vive rodeado de gardacostas . En xaneiro de 2012 non poido ir ao Festival de Literatura de Jaipur ( India) porque se filtrou a noticia de que había sicarios contratados para matalo.
Ás veces a relixión provoca estas cousas!!

18/06/2012

1815: Batalla de Waterloo

Tal día coma hoxe tivo lugar a batalla de Waterloo que supuxo a fin de Napoleón e do seu imperio. Nela enfrontáronse Napoleón e o duque de Wellington, o primeiro ao mando das tropas franceses; e o segundo comandando o exército no que loitaban tropas británicas, holandesas e alemás.

Hoxe fai dous anos que nos deixou Saramago.

Saramago naceu en Portugal o 16 de novembro de 1922 e morreu tal día coma hoxe de fai dous anos en Lanzarote.
Destacou como escritor e como pensador. Gañou o Nobel de Literatura en 1988.
Entre as súas obras destacan: Ensaio sobre a cegueira, Todos os nomes, Cadernos de Lanzarote, A Caverna...

Paul Mc Cartney cumple 70 anos

Naceu en Liverpool fai 70 anos . Foi membro de mítico grupo The Beatles ata que se disolveu. Máis tarde fundou Wins e tamén fixo carreira en solitario.
A súa carreira foi tan exitosa que a raíña de Inglaterra o nombrou "Sir" .
Entre as súas cancións máis famosas está "Yesterday":

17/06/2012

Barry Manilow está de aniversario

Quen é Barry Manilow??  Tal día coma hoxe naceu este home, un cantante norteamericano que foi moi famoso; tanto que ata apareceu nun episodio de "Padre de familia". Ten moitas cancións coñecidas, pero segura que esta che soa , ata pode que bailases algunha vez nunha voda, bautizo....Pregunta...,pregunta na casa: Copa, Copacabana, na, na, na,na, na..... Ao mellor tamén che soa porque apareceu na película "Madagascar 2"

Igor Stravinsky , 130 anos do seu nacemento.

Foi un gran compositor e director de orquestra. A lista das súas obras é tan larga que non remataríamos hoxe. Mellor calamos nós e déixamolo falar a el:

Chula , eh?? Se che gustou, busca máis en youtube.

Día Nacional de la Libertad Iberoamericana





Tal día coma hoxe de 1821 morreu o xeneral arxentino  Martín Miguel de Güemes. En conmemoración da súa morte o goberno de Arxentina sinalou este día como o Día da Libertade Iberoamericana.
O xenral Güemes foi unheroe na loita pola independenza contra o exército español.

Día Mundial da Loita contra a Desertización e a Seca

O día 17 de xuño de 1994 a Asamblea Xeral das Nacións Unidas marcou o día de hoxe como Día Mundial da Loita contra a Desertización e a Seca. Máis do 40% da terra está en perigo de desertización ben por secas prolongadas, ben pola acción do home. Cómpre, pois, concienciarse de que a auga é vida. É moi necesario que fagas un uso responsable da auga e que insistas co tema na casa: hai que pecha-las billas, arranxalas cando gotean, non lavar os coches cada vez que nos peta, regar con sentidiño nas horas axeitadas e só cando é impriscindible...Que che vou contar? Hai que aforrar auga e punto! Si ou si?

1950, primeiro transplante con éxito dun órgano humano

O 17 de xuño de 1950, o médico Richard H.Hawler fixo con éxito o primeiro transplante dun órgano humano.
Se non hai donantes , non pode haber transplantes!! É importante que vos concienciedes da necesidade de facerse doador. Faládeo na casa, hai información en tódolos centros de saúde e hospitais.  Coas novas técnicas médicas , un só donante salva varias vidas, creo que merece a pena, non?? 
Seguro que entre os teus veciños ou amigos hai alguén transplantado ou esperando un transplante. Faite donante.

O incidente de "Isla Perejil", ano 2002

O "incidente" ocurreu entre o 11 e o 20 de xullo de 2002 despois de que uns barcos de Marrocos ocuparan a illa. Tal día coma hoxe tivo lugar a operación "Romeo-Sierra" na que os ocupantes marroquís se entregaron á Garda Civil. A liorta puxo en alerta ao mundo mundial, en realidade alí non viven máis que cabras...pero sei que é moi importante para a seguridade do Estado español !!! 

Mira que se a liamos por uns cantos penedos...
Ala, aí tes ao exército español poñendo a bandeira entre as rochas, defendendo o país...
Aquí déixoche o mapa. Porque nunca se sabe a onde teremos que emigrar...