Kiko da Silva é un galego que estudou Belas Artes e que decidiu facernos a vida máis agradable co seu traballo. É un dos maiores creadores de banda deseñada en galego , un home que fai país e cultura grazas a súa obra. Ultimamente anda argallando nunha escola de banda deseñada.
Seguro que o coñeces de ver por aí debuxos del na revista "Retranca", en libros , etc.
O caso é que hoxe é o seu aniversario e o mellor agasallo para el é dar a coñecer a súa obra. Déixoche o enlace do seu blog para que o coñezas mellor, fíxate ben nel porque estou segura de que fará historia. http://kikodasilva.blogspot.com.es/
Parabéns, Kiko da Silva!!!
Sem comentários:
Enviar um comentário