Hoxe é o Día Internacional das Persoas Refuxiadas. Máis de 42'5 millóns de persoas do mundo tiveron que deixar o seu fogar fuxindo da fame, da guerra, dos desastres naturais, da violencia política, das mafias...para vivir nun campamento de refuxiados. De verdade cres que alguén deixa por gusto a súa casa con catro cousas nunha bolsa para ir vivir nunha tenda de campaña no medio de miles de persoas que non coñeces de nada??
Existe un organismo , ACNUR que se preocupa e se ocupa de que vivan en condicións o máis dignas posibles. Déixoche a súa páxina: http://www.acnur.es/
Como sei que sempre lles facedes máis caso aos famosos, aí vos queda Angelina Jolie falando do tema:
Sem comentários:
Enviar um comentário