+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño

Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.

14/07/2012

Anuncio mítico:Limpiador Pronto

Fixádevos ben. Quen fai a limpeza da oficina é unha muller. A que lle axuda, a executiva, vai vestida con símbolos masculinos como a gravata; o carteliño que ten diante di "Presidente" , non Presidenta; tódolos asistentes á reunión son homes...Un pouquiño machista si que era, non?

1789: Asalto da Bastilla

Tal día coma hoxe de 1789 o pobo francés asaltaba a Bastilla iniciando así a Revolución  Francesa. Pero que era a Bastilla?  Era unha fortaleza de París que fora construida hacia o 1370. Co tempo foi empregada como cárcere do Estado, converténdose así en símbolo do poder e dos abusos da monarquía. Fartos da situación , os cidadáns de París asaltárona o 14 de xullo de 1789, por iso hoxe é a festa nacional dos franceses, porque aí comezou unha nova época da súa historia baixo o lema: Liberté, égalité , fraternité !!. (Libertad, igualdad, fraternidad)


1945: Morre Jacinto Benavente

Tal día coma hoxe de 1945 morría en Madrid Jacinto Benavente,dramaturgo español.
Podemos decir que o seu teatro era costumbrista e destinado a un público burgués ao que había que entreter. A súa obra é moi extensa. A máis coñecida é Los intereses creados , pero tamén lle deron moita sona La malquerida ou Señora ama  entre moitos outros títulos.
En 1912 entrou a formar parte da Real Academia Española e en 1922 déronlle o Nobel de Literatura.
Aquí tes completa a obra Los intereses creados:

1862: Nace Gustav Klimt

Tal día coma hoxe nacía o pintor austríaco Gustav Klimt na cidade de Baumgarten. Foi membro fundador do grupo Secesión Vienesa (1879,movemento artístico vienés) e foi un dos impulsores do Modernismo en Austria.  Os seus cadros son únicos, dotados dun cromatismo especial e ben identificable e dunha riqueza ornamental dificilmente superable. Eu non sería capaz de escoller un só título, pero era  ben que che soaran algún destos: As tres idades da vida, Salomé, O bico, Maternidade, etc. Tamén é  o autor da decoración do pazo Stociet de Bruxelas.
Aquí che deixo un vídeo coa súa obra:

13/07/2012

Anuncio mítico: Mix de chopetadas.


Algúns productos xa non existen, outros estás canso de comelos. De calquera xeito, é unha mirada ao pasado. Que che aproveite...!

1944: Nace Erno Rubik


Este que ves aquí á esquerda vén sendo Erno Rubik (?). O creador do famoso Cubo Rubik!!! Naceu tal día coma hoxe de 1944 en Budapest. Era escultor, arquitecto e diseñador da Escola de Artes  Comerciales de Budapest.
O cubo de Rubik ( non me digas que nunca o viches) é un crebacabezas que el creou en 1974 e que foi todo un boom nos anos 80.
A ver se lle pillas o truco:

1921: Nace Ernest Gold

Ernest Gld naceu en Viena o 13 de xullo de 1921. Que quen era Ernest Gold? Comprendo que o nome non che sone , pero en canto vexas o vídeo dirás: "Ah, ese...!"
Verás, Gold era músico de profesión, o seu traballo foi moi valorado e recoñecido, ganou un Óscar e un  Grammy pola banda sonora da película Exodus/ Éxodo (1960). É autor dunha morea de obras para cine e  para series de TV. A ver se che soa esta música:


1930: 1ª Copa do mundo de Fútbol.

A Primeira Copa do Mundo de Fútbol  disputouse en Uruguay entre o 13 e o 30 de xullo de 1930 organizada pola FIFA. Elexiuse este país porque conmemoraba naqueles días o centenario da "Jura de la Cosntitución" de Uruguay.
Participaron 13 equipos ( seleccións doutros tantos países). Xogaron a final Uruguay e Arxentina, ganou o primeiro por  catro goles a dous,

In memoriam: 1954: Morre Frida K Kahlo

Tal día coma  hoxe de 1954 morría en México Frida Kahlo, unha gran pintora e unha gran muller. Estivo casada con Diego Rivera, un pintor muralista moi famoso e recoñecido na súa época  e cuxos murais aínda se ven hoxe en edificios emblemáticos de México.
A vida de Frida estivo marcada  pola dor  física e por unha tortuosa vida interior.
Xa publicamos fai días unha entrada co gallo do seu "cumpreanos", hoxe queremos lembrar a súa obra no día do seu pasamento.

12/07/2012

Anuncio mítico: Wipp Express " Y mi kimono? Kia"

Queda clariño quen lava na casa, non? Responde aos estereótipos da época: muller ama de casa cuxa máxima preocupación son as manchas do kimono...Ai, xesusiño, aínda hai casas nas que a situación non mudou !! Lavar é cousa de quen viste, digo eu, sexa home ou muller...a ver se me teño que pór seria. Somos ou non somos? Ai, vale...

1904: Nace Pablo Neruda.

Tal día coma hoxe de 1904 nacía en Chile  Neftalí Ricardo Reyes Basoalto, máis coñecido por Pablo Neruda.
Foi consul en Madrid, o que lle permitiu coñecer aos poetas da "Generación del 27". Era un comunista convencido, por iso tivo que exiliarse . Despois apoiou a candidatura de Salvador Allende para presidente de Chile, e sería o seu embaixador en París.
A súa obra é inmensa e dunha calidade difícil de superar. Non sabería decirche que escoller para ler: Confieso que he vivido  é a súa biografía, apasionante porque non te imaxinas a cantidade de xente interesante que coñeceu, Veinte poemas de amor y una canción desesperada podería ser o libro de cabeceira para os namorados que teñen moito que decir e non saben como, pero ten moitos outros títulos nos que non só fala de amor, tamén de xustiza social, de esclavitude e explotaicón, de conciencia...unha marabilla: Canto general, Odas elementales, Residencia en la tierra, Crepusculario, etc, etc.
A ver se te namora este vídeo:
Que...??? Namoráchete?

1884: Nace Modigliani

Tal día coma hoxe de 1884 nacía en Liorna (Italia) o pintor e escultor de orixe xudea Amedeo Modigliani. Instalado en París aos 22 anos, viveu a bohemia do barrio de Montmartre onde se amoreaban todo tipo de artistas da época e onde  se cocía unha verdadeira revolución no mundo da arte.
Na súa escultura mézclansen influencias da Grecia arcaica e das culturas africanas. Esta mestura de tendencias reflexaríase máis tarde na súa pintura, onde o máis destacado é a importancia da línea , a estilización da figura e as cores cálidas.
Déixoche unha mostra do seu traballo:

1536: Morre Erasmo de Rotterdam

Erasmo pintado por Hans Holbein


Tal día coma hoxe de 1536 morría en Rotterdam Geert Geerttsz, Erasmo de Rotterdam para a posteridade. As súas ideas deron orixe ao erasmismo, pretendía cambiar de maneira pacífica a sociedade e a igrexa. Arremeteu contra Lutero coa súa obra  Sobre o libre albedrío. Foi acusado de preparar a Reforma ( movemento que trouxo o protestantismo) porque criticaba os costumes eclesiásticos e por traducir o Novo Testamento. Entre as súas máis importantes destacan: Manual do cabaleiro cristiano, Eloxio da loucura, Doutrina do príncipe cristiano, entre outras.

11/07/2012

Anuncio mítico: Petit Cheri Legrain

Aquí vos queda un anuncio que no seu momento fixo cantar a media España.

1971: Allende nacionaliza o cobre de Chile

Tal día coma hoxe de 1971 o Congreso chileno aprobou , por medio dunha reforma constitucional por unanimidade, a nacionalización do cobre que estaba en mans de empresas  estranxeiras, sobre todo dos EE.UU. O presidente era Salvador Allende.

1561: Nace Luis de Góngora

Tal día coma hoxe de 1561 nacía en Córdoba o poeta Luis de Góngora  y Argote. Foi rival de Quevedo e de Lope de Vega. Tiña moi mala idea e atacaba sen miramentos tanto a un coma ó outro.Era un xenio da palabra e a súa obra é moi ampla. Seguro  que en clase liches algunha vez un texto seu. Fíxate ben, sóanche estes títulos: Ándeme yo caliente, Amarrado al duro banco, Fábula de Polifemo y Galatea, Soledades...?? Home , claro que os tes oído !! Aqui tes un enlace para navegar polos seus poemas:http://www.poetasandaluces.com/poemas.asp?idAutor=62
Fíxate nos seguintes vídeos: no primeiro , a súa vida; no segundo, un poema.

10/07/2012

Anuncio mítico: ¡está despedido! Coca-Cola

Nos tempos que corren hai que tratar de poñerlle un pouco de humor á cousa:

1985: Afundimento do Raimbow Warrior

Tal  día coma hoxe de 1985 foi afundido o Raimbow Warrior, buque de Greenpeace, polo goberno francés en augas do Pacífico. De pouco lles serveu aos franceses e ao resto dos países que non respectan o medio ambiente, agora hai outro máis moderno, noviño, veleiro, unha chulada!!
Greenpeace segue loitando pola vida no planeta, pero se nós non botamos unha man téñeno difícil; así que xa sabes : recolle o lixo cando vas a praia, separa para reciclar, non consumas nada que non precises de verdade, pecha a billa da auga, non maltrates aos animais, respecta o mundo no que vives para que el te respecte a ti, porque o planeta e sabio e faise oír.

1895: Nace Karl Orff.

Este músico alemán naceu tal día coma hoxe de 1895 en Munich.
Pasou á historia pola súa obra  Carmina Burana,unha cantata histórica, estrenada en Frankfurt del Meno en 1938. É a primeira parte dunha triloxía que completan    Catulli Carmina  e Trionfo di Afrodita.
Tamén hai que lembrar o seu Música para nenos, unha marabilla da pedagoxía musica.
A súa obra é moi ampla, déixoche un enlace por se lle queres botar un ollo: http://www.lastfm.es/music/Carl+Orff/+wiki

Agora , se queres, escoita-mira-disfruta  este vídeo do Carmina Burana ( para a túa información é a banda sonora da película Excalibur).

1851: Morre Louis Jacques Daguerre


Decorador teatral e físico. Naceu en Francia en 1787 e morreu tal día coma hoxe de 1851.
Primeiro inventou o diorama e despois , xunto con Niepce, creou a daguerrotipia, un método de revelado de imaxes a base de vapor de mercurio e bromuro de prata nunha plancha de cobre e fixándoas cunha combinación de cianuro e hiposulfito.



Daguerrotipo


Diorama

1902: Nace Nicolás Guillén


Tal día coma hoxe de 1902 nacía o poeta cubano Nicolás Guillén.
Militante do partido comunista viviu exiliado en España e Francia ata que triunfou a revolución cubana en 1959. De volta a Cuba, converteuse no poeta nacional cubano.
Na súa produción mezcla o negrismo e a poesía social. Entre os seus títulos destacan: Sóngoro Cosongo, El son eterno, Cantos para soldados y sones para turistas.
Para que vaiades coñecéndovos aquí che queda un vídeo:
A letra desta canción, que seguro que  a sabes, é súa, disfrútaa:

 

1871: Nace Marcel Proust



Tal día coma hoxe de 1871 naceu Marcel Proust. É un dos autores máis importantes e influíntes da literatura europea. 
Os últimos quince anos da súa vida pasounos pechado no seu cuarto por mor dunha doenza do pulmón; mentras tanto escribiu Na procura do tempo perdido, un "ciclo" de novela formado por sete títulos: Por o camiño de Swann, Á sombra das rapazas en flor, O mundo de Germantes, Sodoma e Gomorra, A prisioneira, A fuxitiva e O tempo recobrado.
Tamén escribiu un libro de ensaios. Os praceres e os días.

09/07/2012

Anuncio mítico: 1984, a patinadora de Martini.

Non hai moito que comentar, o anuncio está ben feito e é difícil de esquecer. Os tópicos son inevitables: a camareira vai medio espida , patinando pola cidade para lle levar un Martini a un home poderoso , home de negocios rico e importante. Temos que facer un ,agora , no que o patinador sexa un home que lle vai levar o Martini a unha muller...Ou non, caeríamos no mesmo erro. O vermú é vermú e punto, sexa quen sexa o camareiro.

1879: Ottorino Respighi



Tal  día coma hoxe de 1879 nacía en Roma Ottorino Respighi: compositor, pianista , violinista, director de orquesta... Un crack!
Seguro que tes escoitadas as súas obras sen saber que eran súas.Entre elas destacan As fontes de Roma  e Os pinos de Roma,  esta última forma parte da banda sonora de Fantasía de Walt Disney. Aquí cha deixo:

1764: Nace Ann Radcliffe, autora da primeira novela gótica


Ann Radcliffe naceu o 9 de xullo de 1764 e morreu o  7 de febreiro de 1823. Considérase a pioneira da novela gótica de terror.
Os misterios de Udolfo  é a novela que a fixo inmortal. Foi publicada en 1794. Trátase dunha novela gótica en catro tomos.
Se che gustan estas cousas , xa podes ir empezando a ler ; son catro volumes...!

08/07/2012

1816: Independencia de Argentina.

Tal día coma hoxe de 1816 foi proclamada a independiencia de Arxentina da monarquía española polo Congreso deTucumán.
Déixoche aquí un cachiño da Acta:
"Nos los representantes de las Provincias Unidas en Sud América, reunidos en congreso general, invocando al Eterno que preside el universo, en nombre y por la autoridad de los pueblos que representamos, protestando al Cielo, a las naciones y hombres todos del globo la justicia que regla nuestros votos: declaramos solemnemente a la faz de la tierra, que es voluntad unánime e indubitable de estas Provincias romper los violentos vínculos que los ligaban a los reyes de España, recuperar los derechos de que fueron despojados, e investirse del alto carácter de una nación libre e independiente del rey Fernando séptimo, sus sucesores y metrópoli. Quedan en consecuencia de hecho y de derecho con amplio y pleno poder para darse las formas que exija la justicia, e impere el cúmulo de sus actuales circunstancias. Todas, y cada una de ellas, así lo publican, declaran y ratifican comprometiéndose por nuestro medio al cumplimiento y sostén de esta su voluntad, baxo el seguro y garantía de sus vidas haberes y fama. Comuníquese a quienes corresponda para su publicación. Y en obsequio del respeto que se debe a las naciones, detállense en un manifiesto los gravísimos fundamentos impulsivos de esta solemne declaración." Dada en la sala de sesiones, firmada de nuestra mano, sellada con el sello del Congreso y refrendada por nuestros diputados secretarios.

EAU JEUNE: Anuncio mítico


Este é de 1979. A ver que vos parece...
Se vos fixades, polo peiteado , a roupa , a decoración...case podería ser de agora.

In memoriam: Gerardo Diego (1987).

Tal día coma hoxe de 1987 morreu en Madrid Gerardo Diego. Nacera en Santander en 1896.
Foi un gran poeta da chamada Generación del 27.
Entre a súa obra poética destacan títulos como El romancero de la novia, Fábula de Equis y Zeda.
Como a súa obra é extensa , aquí che vai o enlace por se queres furgar:
Unha idea , por se necesitas decirlle a alguén algo bonito e non sabes como:
Despois dirás que a poesía é un ...

Jean Ray: unha de terror...

Jean Ray naceu o 8 de xullo de 1881 en Gand ( Bélxica). En realidade o seu verdadeiro nome era Jean Raymond Marie de Kremer. É o autor dunha serie policial chamada Harry Dickson, unh
a versión americana de Sherlok  Holmes.
A súa novela máis famosa é Malpertius, que foi levada ao cine por  Harry Kümel e protagonizada por Orson Welles. Tamén escribiu Os 25 mellores relatos negros e fantásticos ou Os últimos contos de Canterbury.
Déixoche un cachiño da película, está en francés pero ao mellor éntranche ganas de pasar medo...

1621: Nace Jean de la Fontaine

Tal día coma hoxe de 1621 pénsase que naceu Jean de la Fontaine en Château-Thierry (Francia). Foi unescritor moi famoso polas súas fábulas recollidas nun libro titulado  Contos e relatos en verso  e en varias coleccións tituladas, simplemente,  Fábulas (1668-1694). Tamén escribiu teatro, entre as súas pezas teatrais destaca Os amores de Psique e Cupido.

Seguro que coñeces moitas das súas célebres fábulas sen saber que son del, aquí che deixo un enlace por se che apetece recordar as máis coñecidas.
E este outro,http://www.proverbia.net/citasautor.asp?autor=367, para recordar as súas frases .