Tal día coma hoxe de 1985 foi afundido o Raimbow Warrior, buque de Greenpeace, polo goberno francés en augas do Pacífico. De pouco lles serveu aos franceses e ao resto dos países que non respectan o medio ambiente, agora hai outro máis moderno, noviño, veleiro, unha chulada!!
Greenpeace segue loitando pola vida no planeta, pero se nós non botamos unha man téñeno difícil; así que xa sabes : recolle o lixo cando vas a praia, separa para reciclar, non consumas nada que non precises de verdade, pecha a billa da auga, non maltrates aos animais, respecta o mundo no que vives para que el te respecte a ti, porque o planeta e sabio e faise oír.
Sem comentários:
Enviar um comentário