O 8 de xuño de 1903 nacía en Bruxelas a escritora Marguerite Yourcenar. Francesa , de orixe belga, viviu desde 1950 ata a súa morte en 1987 en EE.UU. Ademais de ser unha das máis grandes figuras das letras francesas do século XX tamén será lembrada por ser a primeira muller en ser elexida membro da Academia francesa. A súa obra profunda, comprometida, reflexiva e moi persoal céntrase en temas como a homosexualidade,a androxinia, o poder, a procura da verdade universal, a loita entre a racionalidade e a irracionalidade, etc. Entre as súas obras destacan títulos como Memorias de Adriano, Opus Nigrum, O laberinto do mundo...
Podemos ler algún dos seus textos no seguinte enlace: http://www.amediavoz.com/yourcenar.htm