O 15 de decembro de 1859 nacía Ludwik Lejzer Zamenhof, creador do idioma esperanto.
Trátase dun sistema de comunicación artificial creado coa idea de que se convertera nunha lingua internacional, na lingua universal. Despois de anos de investigación , Zamenhof publicou os resultados do seu traballo nun libro titulado A Lingua inernacional baixo o pseudónimo Doktoro Esperanto, foi ese falso apelido o que deu nome á súa creación.
De momento ningún país ten o esperanto como lingua oficial, pero hai moitas persoas que o estudan e o apoian.
A continuación podes ver un pequeno vídeo para que saibas como é :