+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño

Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.

08/12/2012

Curta: O lenhador e a raposa.

Unha curta sobre a confianza nos amigos:

1980: Matan a John Lenon.

Fot. de Bob Gruen.
O 8 de decembro de 1980 un perturbado mental mataba a tiros a John Lennon. Millóns de persoas choraron a súa perda e convertítono  nun mito para toda a eternidade.
Fora un dos fundadores do mítico grupo The Beatles con Paul McCartney, George Harrison e Ringo Star e compositor de moitos dos temas da agrupación. 
Pero Lennon non era só un músico  de éxito. Pasou á historia como pacifista e defensor dos dereitos humanos.Pervivirá para sempre  o seu tema Imagine, todo un himno para a humanidade. Ogallá se fixese realidade o soño de Lennon.

07/12/2012

Anuncio: Flagolosina.

Unha chopetada da década dos setenta que aínda existe hoxe...Ensinádeo na casa, veredes como recordan a canción.

1941: "Decreto Noite e Néboa" de Hitler.

O 7 de decembro de1941 Adolf Hitler asinou o "Decreto noite e néboa"( Decreto Nacht und Nebel) que promovía a represión e eliminación física de persoas contrarias ao réxime nazi nos territorios ocupados, dos membros da Resistencia e dos presos de guerra das Forzas Aliadas. O máximo responsable da posta en práctica do decreto foi o xefe das Forzas Armadas Wilhem Kietel. Anos máis tarde, no proceso de Nuremberg este decreto foi declarado crime de guerra, pero os mortos eran miles...

06/12/2012

6 de decembro de 1978

Pasaron os anos e seguimos tendo a mesma constitución que se aprobou en 1978. Rescatei un vídeo onde se pode ver a cobertura informativa no Telediario e algúns anuncios daquel día.

1641: Morre o pintor Van Dick

Autorretrato.  Van Dick
O 6 de decembro de 1641 morría en Londres o pintor flamengo Anton Van Dick. Foi un neno prodixio, colaborador de Rubens e un experto en  retratos  e pintura de temática histórica e relixiosa . Desempeñou o cargo de pintor oficial da corte do rei Carlos I de Inglaterra . Entre os seus títulos destacan algúns como Caza do xabaril, Carlos I de cacería, Sansón e Dalila,etc.
No vídeo seguinte poderás admirar a súa obra e disfrutar dos traxes e os peiteados da época: 


05/12/2012

1901: Nace Walt Disney

O 5 de decembro de 1901 nacía en Chicago Walter Elias Disney. Fundador da The Walt Disney Company, foi un gran debuxante, animador , guioista e director de cine. 

Despois de moitos e moi distintos oficios entrou a traballar como debuxante . En 1922 fundou a empresa Laugh-O-Gram Films, Inc e empezou a facer curtas a partir de contos para nenos. Desta época son títulos como Cinderella ou Puss in Boots. En 1923 despois de facer Alice's Wanderland na que mezclaba acción real e animación a empresa entrou en bancarrota. Logo viñeron outros intentos empresariais e, por fin, a Walt Disney . Coñeces de sobra as súas películas famosas. Hoxe déixoche unha daquelas primeiras películas da Lauh-O-Gram. A calidade da imaxe non é boa pero paga a pena.


1791: Morre Mozart.

Mozart  por Dalla Rosa
O 5 de decembro de 1791 morría en Viena Wolfang Amadeus Mozart. Con sete anos xa fixo a súa primeira xira europea. Chegou a compositor de cámara do emperador José II. É imposible citar tódalas súas obras, pero entre os seus títulos máis importantes podemos destacar óperas como As vodas de Fígaro, Don Giovanni, A frauta máxica e composicións como o Réquiem, moitas sinfonías, concertos, cuartetos , sonatas, etc.
Aquí vai un anaquiño de A frauta máxica:

03/12/2012

Un conto en lingua de signos.

Aquí che deixo un conto en lingua de signos. A historia é moi interesante, unha princesa que non quería comer perdices...Porque a muller real non necesita ningún príncipe para ser feliz e porque hai príncipes que esconden sapos no seu interior . Polo respecto das persoas sen importar o seu sexo. Polo respecto das persoas sen importar as súas capacidades. Porque para respectar hai que coñecer.

1919: Morre Auguste Renoir.

Autorretrato. Auguste Renoir
O 3 de decembro de 1919 morria  en Cagnes-sur-Mer  o pintor Pierre-Auguste Renoir. É un dos grandes impresionistas. Nos seus cadros podemos  disfrutar do seu gusto pola paisaxe e a figura humana, sobre todo , a da muller. Entre os seus títulos destacan:  Lise, Le Moulin de la Galette, Os bañistas, etc.
Mira este vídeo para coñecer a súa obra: 

02/12/2012

1859: Nace Georges Seurat.

O 2 de decembro de 1859 nacía en  París o pintor Georges Pierre Seurat. Foi  o creador do puntillismo.  No  seguinte vídeo podes ver algúns dos seus cadros, fíxate en como pinta a base de "puntos" de cor. Agardo que che guste, podes experimentar e tratar de facelo ti, por probar...

1923: Nace María Callas.

María Callas
O 2 de decembro de 1923 nacía María Kalogeropoulos, María Callas. Foi unha soprano estadounidense de orixe grega. Considerada durante moitos anos a número un da ópera a nivel mundial. Eu creo que é mellor que a escoites . Os expertos din que esta é a mellor Traviata de tódolos tempos: