+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño

Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.

09/11/2012

1989: Caída do Muro de Berlín.

A noite do 9 ao 10 de novembro de 1989 caeu o Muro de Berlín. Medía 120 km. Fora construído en 1975 e separaba as dúas Alemañas, a oriental e a occidental. Ao longo dos anos da súa existencia houbo unhas 5000 fugas , morreron  no intento unhas 200 persoas e moitas resultaron feridas. A xente escapaba  das duras condicións de vida do Berlín do Este  na procura de algo mellor. Coa caída do Muro empezou a caer tamén a República Democrática de Alemañá e deuse paso á reunificación alemá.
Na película Good Bye , Lennin trátase o tema.

1938: Noite dos cristais rotos.

Coñécese co nome de "a noite dos cristais rotos" a desfeita que os nazis fixeron a noite do 9 para o 10 de decembro de 1938. Os dirixentes do Partido Nacionalsocialista organizaron un "pogrom" ( Asalto contra as propiedades  e persoas xudeas e xitanas). Naquela fatídica noite víronse afectadas 7000 propiedades , morreron 36 persoas e foron detidas 20000. Non se entende como despois de tanto sufremento os dirixentes xudeos fan o que fan en Palestina.

08/11/2012

1847 . Nace Bram Stoker

O 8 de novembro de 1847 nacía en  Dublín Bram Stoker. Pasou á historia da Literatura como autor de novelas de tema fantástico e ocultista , por exemplo, A xoia das sete estrelas   e de contos. Mais o que lle proporcionou un sitio na posteridade foi a súa novela Drácula, convertida en modelo da literatura de terror e fonte de inspiración para películas,series, BD, cadros...O seu protagonista está  inspirado nun home real , Vlad Tepes, "o demo", "o empalador", que Stoker converte en vampiro na súa novela.
Aquí tes o trailer dunha das películas que  versionan o libro:

Se es dos que teñen medo , non a vexas, eh!!!

L'Animateur. Curta de animación.

Primeiro premio en Berlín 2008

1793: Inaugúrase o Museo do Louvre.

Museo do Louvre.
O 8 de novembro de 1793 inaugurouse en París o Museo do Louvre. Nel podemos atopar moitas das obras máis representativas  do arte mundial anterior aos impresionistas. No momento en que se abriu supuxo o paso das coleccións privadas en mans da iglesia, a aristocracia e a monarquía a mans da sociedade que agora podía disfrutar delas nun lugar público.

07/11/2012

1867: Nace Marie Curie.

Marie Curie no seu laboratorio.
Tal día coma hoxe, o 7 de novembro de 1867 nacía en Polonia Marie Solomea Sklodowska Curie. En colaboración co seu marido conseguiu aillar o polonio e o radio, determinando a súa natureza e os seus compostos. A súa obra máis importante é Tratado da radioactividade (1910). Recibiu o Premio Nobel de Física (1903)  xunto co seu marido, Pierre Curie e o de Químicauns anos despois (1911).
No seguinte vídeo fanlle un repaso a súa historia dunha maneira breve e amena. 

1598: Nace Zurbarán.

Agnus dei, de Zurbarán.
O 7 de novembro de 1598 nacía en Fuente de Cantos o pintor español Francisco de Zurbarán y Salazar. A súa obra está moi marcada polo tenebrismo. Entre os seus temas destacan os relixiosos: figuras de monxes, santos, Cristos, etc. Os seus títulos máis coñecidos son : Visión de San Pedro Nolasco, Santa Casilda, San Francisco e numerosos bodegóns.
No seguinte vídeo podes coñecer mellor a súa obra. Fíxate da calidade do debuxo, pode que non che gusten os temas pero a técnica  merece a pena.

06/11/2012

"La nostalgia del Sr. Alambre" Curta de animación.


Disfrutade desta curta:





1771: Nace o inventor da litografía.




O 6 de novembro de 1771 nacía Aloys Senefelder, o inventor da litografía. Un día cando estaba facendo a lista da compra ocurréuselle a maneira de facer moitas copias do mesmo texto en pouco tempo. Ideou un sistema que consistía  en grabar nunha pedra o que se quería reproducir  para despois engaidrlle a tinta e pasalo ao papel, hoxe en día as planchas son de aluminio ou de cinc. Na seguinte ilustración ves os pasos que se seguen para facer os litograbados.

05/11/2012

Anuncio antiguo: Quina San Clemente

Fixádevos no "copazo" que lle serven aos nenos !!! Preguntade na casa aos maiores, veredes que era habitual dar aos nenos un "quinito" con  ovo...



Homenaxe a Luis Cernuda. In memoriam.

O 5 de novembro de 1963 morría en Cidade de México o poeta Luis Cernuda,  un dos nomes máis destacados da Generación del 27 e un dos grandes da literatura española. Trala Guerra Civil tivo que marchar ao exilio  e exerceo de profesor en varias universidades e colexios . Os seus poemas permanecen na memoria colectiva e non morrerán nunca. Aquí queda unha mostra , bucea por internet, seguro que atoparás máis de un que che guste.

04/11/2012

1879: Invéntase a caixa rexistradora.

Caixa rexistradora de Ritty.
O 4 de novembro de1879 James Ritty , un taberneiro de Dayton (Ohio) , inventaba a primeira caixa rexistradora. Canso de que os seus empregados lle sisaran o caixón dos cartos, ideou un sistema para que ao final do día estivesen rexistradas as ventas de toda a xornada. O seu  invento funcionou de inmediato pero un empresario moi listo, John H. Patterson, comprou parte da empresa na que Ritty tiña as súas patentes e fíxose millonario creando a The National Cash Register Company ou NCR. A verdade é que Patterson mellorou o invento e ideou un sistema de ventas con incentivos para os comerciais e campañas publicitarias que levaron o invento por todo o territorio dos EE.UU. 

1847: Morre Mendelssohn.

O 4 de novembro de 1847 morría en Leipzig o compositor alemán Félix Mendelssonh Bartholdy. Foi un gran pianista e director de orquestra. É considerado un dos máximos representantes do Romanticismo. Entre as súas obras destacan a música para Soño dunha noite de verán (Marcha nupcial), a Sinfonía italiana, o Concerto en Mi menor para violín e orquestra...
Aquí che queda a Marcha Nupcial :