+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño

Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.

11/10/2012

1963 : Morre Jean Cocteau.

O 11 de outubro de 1963 morría en Milli-la-Fôret Jean Cocteau, un escritor, cineasta, debuxante e artista francés. Estivo moi cerca do simbolismo e do surrealismo. Dirixiu películas de gran peso na historia do cine, son seus títulos como A bella e a besta, Orfeo, O sangue do poeta, O testamento de Orfeo, etc. Traballou no mundo do ballet como decorador  e debuxante. Como escritor deixounos un libro titulado Poesías, varias novelas: Os rapaces terribles ou Opio; varias obras de teatro e o libro de crónicas A corrida do primeiro de maio.
No seguinte enlace podes ler algún dos seus poemas: http://amediavoz.com/cocteau.htm.

1844: Nace o inventor do kétchup.

O 11 de outubro de 1844 nacía un neniño chamado Henry John Heinz. Quen era este home? Pois , o "inventor" do kétchup !! Mesturou un prebe chinés chamado ketsiap  con salsa de tomate e bautizou o resultado co nome de kétchup. 
Foi todo un pioneiro, con 12 anos cultivaba verduras na horta da súa casa para vendérllelas aos veciños. Con 25, iniciouse no negocio das conservas vexetais envasando verduras en tarros de cristal que permitían ver o produto. Aí empezou o seu éxito, cando morreu deixou levantado todo un imperio da industria da alimentación. Con que comes ti as hamburguesas? Aí o tes, o señor Heinz!!
Neste enlace tes un vídeo coa historia da súa vida, por se decides facerte emprendedor...
http://youtu.be/m1YkRP4PbYY

10/10/2012

1985: Morre Orson Welles.

O 10 de outubro de 1985 morría en Los Angeles o actor e  director de cine Orson Welles. En 1938  deuse a coñecer por emitir pola radio  a obra A Guerra dos mundos de H. G. Welles  provocando o pánico entre a poboación que de verdade creeu que a terra estaba sendo invadida polos marcianos. No mundo do cine , a súa primeira obra foi  Ciudadano Kane (1941), un dos títulos máis universais da historia do cine. Outros títulos seus son: O terceiro home, Moby Dick, Waterloo, A dama de Shangai, etc.
Aquí tes un fragmento da súa emisión radiofónica:

1813: Nace Giuseppe Verdi.

O dez de outubro de 1813 nacía en Italia  o músico Giuseppe Verdi. Foi o artífice da renovación da ópera italiana no século XIX. As súas famosas óperas acabaron convertidas en símbolo do nacionalismo italiano debido a súa grande popularidade.  A obra de Verdi abarca tres fases:
1.-Con títulos como Nabucco, Rigoletto, A Traviata.
2.-Don Carlos e Aída.
3.-A culminación da ópera tráxica italiana encarnada no seu Otello e a máis grande ópera cómica, Falstaff.
Tamén escribiu música relixiosa entre a que destaca o seu Réquiem.
Velaí un anaquiño dunha das súas óperas:
Cantas veces a cantaruxaches?

09/10/2012

1974. Morre Óscar Schindler.

O 9 de outubro de 1974 morría en Alemaña un home de negocios chamado  Oskar Schindler. Non pasaría de ser un industrial alemán máis se non fora porque   se converteu nun heroe durante a Segunda Guerra Mundial. Como? Salvando a 1200 xudeos  de ser executados polos nazis. O método era simple, el tiña unha fábrica de artigos para o exército alemán e nela contrataba como man de obra imprescindible aos xudeos para libralos da cámara de gas. O goberno israelí concedeulle o título de "Xusto entre as nacións".
Aquí tes a presentación da película que conta a súa historia:

1967: Executan ao Che Guevara.

O 9 de outubro de 1967 era executado en Bolivia Ernesto Guevara, chamado o Che Guevara. Era un revolucionario arxentino. Naceu nunha familia de posibles pero pronto sentiu a chamada da revolución para lograr a igualdade entre os seres humanos. Era médico . Coñeceu a Fidel Castro en México e colaborou con el na revolución cubana. Foi ministro en Cuba ata que decidiu reanudar a loita no Congo , primeiro, e despois en Bolivia onde foi capturado e executado. A súa imaxe é unha das máis reproducidas de toda a historia , converteuse en símbolo da revolución e da loita pola igualdade.
Aquí queda un discurso seu sobre a revolución:

08/10/2012

1952: Nace Sigourney Weaver.



Sigourney Weaver en "Alien".
O 8 de outubro de 1952 nacía non EE.UU Susan Alexandra Weaver, Sigourney Weaver. É actriz e productora de cine, teatro e TV. Permanecerá para sempre na historia do cine pola súa participación en películas como Alien ( fai de Teniente Ripley), Gorilas na néboa, Working Girl ou Avatar.

07/10/2012

1952: Patentan o código de barras.

O 7 de outubro de 1952 Joseph Woodland, Jordin Johanson e Bernard Silver patentaron o código de barras. O sistema permitía  clasificar produtos mediante un sistema de barras verticais de distinto grosor. A día de hoxe , cada código contén datos sobre precio, cantidade, cor, data de produción, data de caducidade, orixe, material, descripción, etc... Daste conta de que xa pasaron 60 anos? En realidade , non fai tanto que se incorporou á vida cotiá, pero xa estaba inventado.

1931: Nace Desmond Tutu.

O 7 de outubro de 1931 nacía en Sudáfrica o bispo anglicano Desmond Mpilu Tutu. Deuse a coñecer como loitador pacífico pola eliminación do racismo en Sudáfrica en pleno goberno de Pretoria. A súa  loita en favor da igualdade de dereitos valeulle o Premio Nobel da Paz en 1984.
Aquí che queda a súa mensaxe para un mundo mellor:

Anuncio mítico:Nivea Solar 1989

Agora que chove recordamos o sol...