O 11 de outubro de 1844 nacía un neniño chamado Henry John Heinz. Quen era este home? Pois , o "inventor" do kétchup !! Mesturou un prebe chinés chamado ketsiap con salsa de tomate e bautizou o resultado co nome de kétchup.
Foi todo un pioneiro, con 12 anos cultivaba verduras na horta da súa casa para vendérllelas aos veciños. Con 25, iniciouse no negocio das conservas vexetais envasando verduras en tarros de cristal que permitían ver o produto. Aí empezou o seu éxito, cando morreu deixou levantado todo un imperio da industria da alimentación. Con que comes ti as hamburguesas? Aí o tes, o señor Heinz!!
Neste enlace tes un vídeo coa historia da súa vida, por se decides facerte emprendedor...
http://youtu.be/m1YkRP4PbYY
http://youtu.be/m1YkRP4PbYY
Sem comentários:
Enviar um comentário