+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño

Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.

02/02/2013

1892 : Invéntase o tapón coroa das botellas.

O 2 de febreiro de 1892 William Painter patentaba a tapón coroa .A finais do século XIX empezaron a venderse as bebidas con gas así que houbo que idear un método para que as botellas non "perdesen a forza". Painter creou un tapón que resistía a forza do gas contido nas botellas e que resultaba doado de pór grazas a unha máquina que el mesmo inventou. Como podes imaxinar despois tería que inventar o abridor, pero esa é outra historia.
Aquí podes ver o debuxo do deseño que entregou na oficina de patentes para rexistrar o seu invento.

1943: Remata a batalla de Stalingrado.

Foto: Dmitri Batermants
O 2 de febreiro de 1943 remataba a batalla de Stalingrado. Foi un enfrontamento bélico entre as tropas de Alemaña e as soviéticas na Segunda Guerra Mundial  na cidade de Stalingrado entre setembro de 1942 e febreiro de 1943. Despois de pasar un inferno por culpa das condicións climáticas adversas o exército alemán comandado por von Paulus rendeuse diante do mariscal Zhukou.

31/01/2013

1797: Nace Franz Schubert

O 30 de xaneiro de 1797 nacía en Lichtenthal  o compositor austriaco Franz Schubert. Trátase dun músico do Romanticismo alemán, autor de centos de  lieder, varias misas, sinfonías, sonatas,etc. Entre as súas obras destacan títulos como Canto do cisne,Sinfonía inacabada, A doncela e a morte ou A troita. 
Sen dúbida unha das súas obras  máis coñecidas é o Ave María:


30/01/2013

Trois petits points

Unhas puntadiñas por acó, unhas puntadiñas por acolá...Non hai costureira capaz de "arranxar" o que a guerra desfixo.

30 xaneiro: Día Escolar da Paz e a Non Violencia.


O 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar da Paz e a Non Violencia. Celebrouse por primeira vez en 1964 e foi idea dun profesor chamado Llorenç Vidal. Recoñeceuno o Ministerio de Educación en 1976. En tódalas escolas no día de hoxe trátase de promover o amor universal e a non violencia.
Tamén se conmemora nesta data o aniversario da morte de Mahatma Gandhi que foi asasinado tal día coma hoxe de 1948 . É considerado por todo o mundo un símbolo da loita pacífica Foi o artífice da independencia do seu país mediante a política de non violencia.


28/01/2013

1887: Empézase a Torre Eiffel.




O 28 de xaneiro de 1887 empezou a construirse a Torre Eiffel de París. Foi creada para a Exposición Universal de París de  1889 por Gustave Eiffel e o seu equipo. Tardaron dous anos, dous meses e cinco días en facela. Trátase dunha estrutura feita en ferro pudelado que alcanza os 325 metros de altura. Aquí podes ver  os planos orixinais.

27/01/2013

1945: Liberación de Auschwitz.

O 27 de xaneiro de 1945  entraba o exército soviético no Campo de Concentración de Auschwitz-Birkenau. Este lugar fora utilizado como centro de experimentación médica e de exterminio  de xudeus, fálase de que alí poideron ser asasinados entre 1'5 e 2'5 millóns de persoas.
Na cancela da entrada lese unha frase : "Arbeit macht frei"  ( O traballo faravos libres ), triste ironía para os seus prisioneiros.
Os seus máximos dirixentes rendiron contas no Proceso de Nuremberg, onde se tentou facer xustiza polos crimes perpetrados durante a Segunda Guerra Mundial.
Como símbolo da barbarie e co fin de non esquecer, foi declarado Patrimonio da Humanidade  pola UNESCO en 1979.
Mágoa que os xudeus esquecesen tan axiña e perpetren agora o seu particular "holocausto" en terras palestinas. 

Cat's Meow.

Un pouco de humor para sobrelevar o día.

1756: Nace Mozart.

O 27 de xaneiro de 1756 nacía en Salzburgo Wolfgang Amadeus Mozart, compositor, pianista, xenio  precoz da música, compositor de cámara do emperador José II. 
É imposible citar toda a súa obra, pero destacan algunhas das súas óperas: A frauta máxica, As vodas de Fígaro,  Don Giovanni, Cosí fan tutte; tamén compuxo varias misas e un Réquiem sublime ademais de varias sinfonías entre as que destaca Haffner ou a Sinfonía nº  40 en sol menor .   Seguro que esta última che soa: