O 27 de xaneiro de 1945 entraba o exército soviético no Campo de Concentración de Auschwitz-Birkenau. Este lugar fora utilizado como centro de experimentación médica e de exterminio de xudeus, fálase de que alí poideron ser asasinados entre 1'5 e 2'5 millóns de persoas.
Na cancela da entrada lese unha frase : "Arbeit macht frei" ( O traballo faravos libres ), triste ironía para os seus prisioneiros.
Os seus máximos dirixentes rendiron contas no Proceso de Nuremberg, onde se tentou facer xustiza polos crimes perpetrados durante a Segunda Guerra Mundial.
Como símbolo da barbarie e co fin de non esquecer, foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1979.
Mágoa que os xudeus esquecesen tan axiña e perpetren agora o seu particular "holocausto" en terras palestinas.
Sem comentários:
Enviar um comentário