Este é un espazo para curiosos. Que pasou tal día coma hoxe...tal ano? . Queres fisgar? Dálle logo!!!
Editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño
+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño
Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.
O 24 de novembro de 1957 morría o pintor mexicano Diego Rivera. En 1921 iniciou con Orozco a gran escola muralista mexicana. O mundo azteca e o sentimento revolucionario son os temas fundamentais dos seus murais.
O 24 de novembro de 1864 nacía en Albi o pintor Henri de Toulouse Lautrec. A súa obra reflicte a vida nocturna nos cabarets do París da súa época . Cando empezou estaba influenciado pola obra de Degas, as estampas xaponesas e o impresionismo, pero pouco a pouco foi evolucionando hacia o expresionismo nun estilo propio cargado de psicoloxía e de lirismo .Fíxose famoso cos seus cadros e os carteis que pintaba para locais como o "Moulin Rouge". Entre os seus títulos destacan: Baile no Moulin Rouge, Jane Avril bailando, A toilette, etc.
O 23 de novembro de 1979 , o médico francés Jean Baptiste Denis realizou a primeira transfusión de sangue sintético na Universidade de Minneapolis. Un grupo de investigadores da Universidade de Sheffield desenvolveu daquela un sustituto do sangue, o "plastic-blood" ou "sangue de plástico". Este sangue tiña unha consistencia moi semellante ao natural polo que podía ser considerado un gran avance e unha solución a longo plazo para os problemas de abastecemento nos bancos de sangue. A idea era poder usala en guerras e desastres naturais. Na actualidade continúan as investigacións sobre o tema e hai numerosos grupos e investigación traballando na posiblidade de producir sangue sintético con células madres embrionarias.
O maior avance de todos sería que todos/as fósemos doantes, porque doar é compartir vida!!
O 22 de novembro de 1963 morría en Hollywood (California) o escritor Aldous Leonard Huxley. Era un home de gran talento , moi culto e cun fino sentido do humor que aproveita para , a través de ironía, presentar as lacras da sociedade destacando o vacío da época na que lle tocou vivir. A súa obra máis famosa é Un mundo feliz na que aparece unha sociedade humana futura dominada pola xenética e a tecnoloxía.
O 21 de novembro de 1898 nacía o pintor belga René Magritte. É un dos máximos representantes do surrealismo. Colaborou con escritores como Paul Éluard ao que lle ilustrou dous libros, Cantos de Maldoror e As necesidades da vida. Entre os títulos das súas obras destacan Os amantes,A memoria, O fillo do home,etc.
O 20 de novembro de 1959 a Asamblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Declaración dos Dereitos dos Nenos para que poidesen ter unha infancia feliz e gozar dos dereitos que promulga o texto. Como sabes, despois de 53 anos non tódol@s nen@s do mundo son iguais e uns teñen mellores condicións de vida ca outros. Algúns nin siquera teñen vida, morren ao pouco de nacer pola fame, por enfermedades facilmente curables ou por bombas de guerras dos maiores que , case sempre,están provocadas polo afán de riqueza.
Aquí tes un vídeo de UNICEF sobre o tema:
Ti es o futuro, ti e @s compañeir@s sodes @s encargad@s de que nun futuro se cumplan estas normas. Non nos tomes como exemplo a nós, como sabes, facémolo moi mal. Pero eu teño esperanza porque creo en ti .
O 19 de novembro de 1875 nacía en EE.UU. o explorador Hiram Bingham, descubridor do Machu Pichu.
Cando estaba dando clases na Universidade de Yale organizou unha expedición a América do Sur. Non sabía que ía descubrir as grandiosas ruinas incas do Machu Pichu. Foron necesarios varios intentos ,pero de volta trouxo consigo máis de 50.000 pezas que hoxe se expoñen en Yale.
O 19 de novembro de 1819 o "Museo Real de Pinturas" ( hoxe Museo del Prado) ábrese ao público. Tiña nos seus almacéns 1531 cadros pero só se expuxeron 311 en tres salas. Museo estivo aberto tres días seguidos de 9:00 a 12:00 pero despois só abría os mércores e os demais días só se permitía a entrada a estudosos, copistas ou persoas con autorización especial.
O 18 de novembro de 1952 morría en Charenton-le-Pont o poeta francés Eugène Grindel, coñecido no mundo da arte como Paul Éluard. Durante a súa adolescencia padeceu tuberculose e tivo que ser ingresado nun sanatorio onde coñeceu a Elena Diakonova , "Gala",coa que casaría en 1917 e que despois se convertería na musa e esposa do pintor Salvador Dalí. Foi un dos máximos representantes do surrealismo francés despois da 1ª Guerra Mundial. Máis tarde a súa vida e a súa obra ocupáronse de reflexar a dor,a esperanza e o desexo de xustiza. Durante a 2ª Guerra Mundial foi considerado o poeta de Resitencia francesa contra os nazis. Entre os seus títulos de libros podemos citar O deber e a inquietude, Curso Natural ou Poesía e verdade. En canto a poemas destacamos dous en concreto: Guernica e Liberdade.
Aquí vos queda un "Quijote"interactivo que podedes mirar e remirar as veces que queirades ,só tedes que probar a darlle nas distintas iconas e veredes mapas, cadros, ilustracións de edicións antigas,..; escoitaredes pezas musicais e , por suposto, poderedes ler o libro. Se non vos funciona este enlace podedes ir aos "Libros do día" e tamén está alí, fai tempo xa que o recomendei.