O 18 de novembro de 1952 morría en Charenton-le-Pont o poeta francés Eugène Grindel, coñecido no mundo da arte como Paul Éluard. Durante a súa adolescencia padeceu tuberculose e tivo que ser ingresado nun sanatorio onde coñeceu a Elena Diakonova , "Gala",coa que casaría en 1917 e que despois se convertería na musa e esposa do pintor Salvador Dalí. Foi un dos máximos representantes do surrealismo francés despois da 1ª Guerra Mundial. Máis tarde a súa vida e a súa obra ocupáronse de reflexar a dor,a esperanza e o desexo de xustiza. Durante a 2ª Guerra Mundial foi considerado o poeta de Resitencia francesa contra os nazis. Entre os seus títulos de libros podemos citar O deber e a inquietude, Curso Natural ou Poesía e verdade. En canto a poemas destacamos dous en concreto: Guernica e Liberdade.
Neste enlace podes ler algún dos seus poemas:http://amediavoz.com/eluard.htm
Aquí che deixo o poema Liberté en versión orixinal con subtítulos para que disfrutes da súa sonoridade e do seu contido:
Sem comentários:
Enviar um comentário