Este é un espazo para curiosos. Que pasou tal día coma hoxe...tal ano? . Queres fisgar? Dálle logo!!! Editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño
+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño
Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.
29/09/2012
1964: Aparece Mafalda.
O 29 de setembro de 1964 Quino empeza a publicar a súa tira de Mafalda na revista Primera Plana. Os primeiros protagonistas son Mafalda e seu pai, despois aparecerán os seus amigos e o resto da familia: Felipe, Susanita, Miguelito, Manolito, Libertad, a mamá e o irmán, Guille. Co tempo , Mafalda convértese en referente mundial para coñecer as inquedanzas dos países latinoamericanos . O seu autor, Quino, está recoñecido como un dos grandes da banda deseñada a nivel mundial.
Aquí che queda a web oficial de Quino para que navegues pola súa obra: http://quino.com.ar/
1518: Nace o pintor Tintoretto
Autorretrato de Tintoretto |
O 29 de setembro de 1518 nacía en Venecia Jacopo Robusti, coñecido como Il Tintoretto. Foi un renombrado pintor italiano, estudou con Tiziano e viuse marcado pola obra de Miguel Ángel. Na súa obra percíbese o gusto polo sentido dramático do manierismo presente nos escorzos e nos contrastes luminosos. As súas obras máis destacadas son os tres Milagres de San Marcos, os cadros sobre San Roque e Susana e os vellos ademais de moitos retratos de xente da época.
Aquí tes un vídeo coa súa obra:
28/09/2012
Anuncio mítico: Mix da década dos 70
1964: Morre o actor Harpo Marx
O 28 de setembro de 1964 morría o actor Harpo Marx, un dos famosísimos Irmáns Marx. Eran catro: Groucho, Chico, Harpo e Gummo. Debutaron no cine en 1929. O seu humor era absurdo e disparatado , unha tolería. As súas películas fixeron historia, algúns dos seus títulos son: Sopa de ganso,Unha noite na ópera, Un día nas carreiras, O hotel dos líos, etc.
Aquí che queda unha escena dunha das súas películas:
1573: Nace o pintor Caravaggio.
Tal día coma hoxe de 1573 nacía Michelangelo Merisi, coñecido como Caravaggio. É o máximo representante do tenebrismo barroco italiano. Empezou pintando bodegóns, cadros de borrachos e rapaces da rúa ( O Baco dos Ufficci). Despois pasou a unha segunda etapa na que a súa maior preocupación era a luz e a representación naturalista das figuras, por exemplo, Historias de San Mateo. Por último, desenrolou plenamente a técnica tenebrista en obras como A morte da Virxe, A Virxe do rosario, A resurrección de Lázaro ou Adoración dos pastores.
Neste vídeo repásase a súa obra:
27/09/2012
Anuncio mítico: Tristón.
1975: Últimas execucións do franquismo.
O 27 de setembro de 1975 tiveron lugar os últimos fusilamentos ou execucións do franquismo. Fusilaron a 5 militantes do FRAP (Frente Revolucionario Antifascista y Patriota) e a dous militantes de ETA político-militar. Estas últimas execucións trouxeron consigo unha marea de protestas tanto en España como no estranxeiro mentras Franco vivía os seus últimos días.
26/09/2012
1917: Morre o pintor Degas.
Tal día coma hoxe de 1917 morría en París o pintor Edgar Degas.
Empezou inspirándose nos pintores do Renacemento italiano, pero despois birou hacia o postimpresionismo procurando o modelado da forma e a expresión do mobemento. Entre as súas obras máis coñecidas están: A familia Bellelli, Mademoiselle Fiocre , No hipódoromo, Enfado, Clase de baile, Dúas planchadoras, etc.
http://www.ocaiw.com/galleria_degas/index.php?lang=en Neste enlace podes atopar moita información sobre el e a súa obra.
Aquí che queda un vídeo coa súa obra:
Aquí che queda un vídeo coa súa obra:
Anuncio mítico:Papel de fotografía Kodak
1888: Nace T.S.Eliot
Tal día coma hoxe de 1888 nacía en Estados Unidos o poeta, ensaísta, crítico literario e dramaturgo Thomas Stearns Eliot , máis coñecido por T.S.Eliot. É unha das figuras máis importantes das letras inglesas. A súa obra poética máis importante é Terra baldía. Tamén conseguiu un gran éxito co seu drama poético Asasinato na catedral .
En 1948 déronlle o Nobel de Literatura.
Neste enlace http://www.epdlp.com/escritor.php?id=1679 podes atopar máis información sobre el e a súa obra e ler algúns fragmentos.
1791: Nace o pintor Géricault.
Tal día coma hoxe de 1791 nacía o pintor francés Théodore Géricualt. Os críticos consideran que o Romanticismo arranca con este cadro seu , A balsa das medusas. Ademais é autor dun montón de obras entre as que destacan: Oficial de cazadores da garda imperial dirixindo unha carga, A carreira de cabalos, etc.
Neste vídeo faise un repaso ao longo da súa obra:
25/09/2012
Anuncio mítico: Lou Lou Cacharel, 1988
Este é un anuncio que tivo moito éxito a finais dos 80. A frase , "Oui, C'est moi", era un comodín . Pregunta na casa a ver se o recordan.
1897: Nace William Faulkner.
Tal día coma hoxe de 1897 nacía o escritor estadounidense William Faulkner. Está considerado pola crítica coma un dos mestres da literatura americana e o mellor cronista dos cambios que se produciron no seu país a partir da Guerra de Secesión. Empezou cun libro de poesía, O fauno de mármore , pero despois adicouse a escribir relatos onde describía a violencia que estaban vivindo os estados do Sur. Era un mestre nas técnicas narrativas, manexaba á perfección o multiperspectivismo, o monólogo interior e a fusión do tempo pasado co presente. Non é doado de ler, as frases son moi longas e ás veces resultan enrevesadas ,esixe certo esforzo por parte do lector. Entre os seus títulos destacan: Luz de agosto, Absalón, Absalón!, Os invictos, Réquiem por unha muller...
Aquí vai un vídeo cun poema de O fauno de mármore, é un pouco lento, pero sírveche para ver como era o seu estilo.
1849: Morre Johann Strauss pai.
Tal día coma hoxe de 1849 morría en Viena Johann Strauss, pai. Foi un famoso compositor e director de orquesta austriaco. Mestre no vals vienés , chegou a compoñer máis de 250 obras entre valses, galops e polcas. Entre as súas obras hai que destacar a Marcha de Radetzky.
Tivo un fillo chamado coma el que pasou á historia polos seus valses: O Danubio azul ou Vals do emperador, entre outros.
Coñecíala, non?
Tivo un fillo chamado coma el que pasou á historia polos seus valses: O Danubio azul ou Vals do emperador, entre outros.
24/09/2012
1905: Nace Severo Ochoa.
Tal día coma hoxe de 1905 nacía en Luarca (Asturias) o médico e bioquímico Severo Ochoa. Tivo que marchar a EEUU para desenrolar a súa carreira , alí viviu entre 1941 e 1985 e alí fixo importantes investigacións sobre a síntesis dos ácidos ribonucleico e desoxiribonucleico. Foi Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina en 1959 e Premio Santiago Ramón y Cajal en 1982.
1869: Black Friday.
O 24 de setembro de 1869 produciuse en EE.UU unha tremenda caída no mercado financieiro. Tivo lugar porque un grupo de financieiros intentou acaparar o mercado do ouro, isto provocou unha situación de pánico que trouxo consigo unha depresión.
Agora úsase o termo orixinal ,"black friday", para facer referencia a calquer desastre nos mercados financieiros.
A outra gran depresión da historia da bolsa tivo lugar o 24 de outubro, xoves, de 1929 en New York.
23/09/2012
Anuncio mítico: Brandy Fundador 1991
Fíxate en como mezcla os tópicos españoles: cabalo andaluz, touros, mulleres guapas..., con imaxes de cidades internacionais para converter o brandy Fundador en símbolo internacional de España.
1930: Nace Ray Charles.
Tal día coma hoxe de 1930 nacía Ray Charles, un cantante , pianista e compositor americano. A súa imaxe vai unida sempre ás oscuras lentes negras coas que tapaba os ollos , quedara cego aso 6 anos. Aos 15 empezou unha magnífica carreira musical. En 1954 e despois de tocar en distintos grupos, creou a súa propia banda a Rhytm & Blues. Entre os seus títulos máis coñecidos están I Got a Woman, What'd I say,... A súa música vai desde o soul, o blues o Jazz e o rock and roll.
Seguro que disfrutarás con este tema:
1973: Morre o poeta Pablo Neruda.
Tal día coma hoxe de 1973 morría Ricardo Eliecer Neftalí Reyes Basualdo, mundialmente coñecido como Pablo Neruda, o gran poeta chileno.
A súa vida estivo marcada polas viaxes e a política. En España, sendo cónsul de Chile coincidiu cos poetas da "Generación del 27". Durante a guerra civil española púxose de lado dos republicanos, despois afiliaríase ao Partido Comunista Chileno. O seu traballo de cónsul levouno a varios países de Oriente, México , Francia...En 1970 aoiou a candidatura de Salvador Allende para presidente de Chile.
En canto a súa obra, pasa por distintas fases e toca tódolos estilos: modernismo,surrealismo, poesía de denuncia social,...Os seus títulos máis coñecidos son: Crepusculario, Veinte poemas de amor y una canción desesperada, Residencia en la tierra, Canto general, Odas elementales ou a súa autobiografía Confieso que he vivido.
Neste enlace tes toda a información que queiras sobre Pablo Neruda: http://www.neruda.uchile.cl/ E a continuación un poema seu:
Subscrever:
Mensagens (Atom)