Tal día coma hoxe de 1897 nacía o escritor estadounidense William Faulkner. Está considerado pola crítica coma un dos mestres da literatura americana e o mellor cronista dos cambios que se produciron no seu país a partir da Guerra de Secesión. Empezou cun libro de poesía, O fauno de mármore , pero despois adicouse a escribir relatos onde describía a violencia que estaban vivindo os estados do Sur. Era un mestre nas técnicas narrativas, manexaba á perfección o multiperspectivismo, o monólogo interior e a fusión do tempo pasado co presente. Non é doado de ler, as frases son moi longas e ás veces resultan enrevesadas ,esixe certo esforzo por parte do lector. Entre os seus títulos destacan: Luz de agosto, Absalón, Absalón!, Os invictos, Réquiem por unha muller...
Aquí vai un vídeo cun poema de O fauno de mármore, é un pouco lento, pero sírveche para ver como era o seu estilo.
Sem comentários:
Enviar um comentário