Marie Curie no seu laboratorio. |
Tal día coma hoxe, o 7 de novembro de 1867 nacía en Polonia Marie Solomea Sklodowska Curie. En colaboración co seu marido conseguiu aillar o polonio e o radio, determinando a súa natureza e os seus compostos. A súa obra máis importante é Tratado da radioactividade (1910). Recibiu o Premio Nobel de Física (1903) xunto co seu marido, Pierre Curie e o de Químicauns anos despois (1911).
No seguinte vídeo fanlle un repaso a súa historia dunha maneira breve e amena.
Sem comentários:
Enviar um comentário