O 8 de novembro de 1847 nacía en Dublín Bram Stoker. Pasou á historia da Literatura como autor de novelas de tema fantástico e ocultista , por exemplo, A xoia das sete estrelas e de contos. Mais o que lle proporcionou un sitio na posteridade foi a súa novela Drácula, convertida en modelo da literatura de terror e fonte de inspiración para películas,series, BD, cadros...O seu protagonista está inspirado nun home real , Vlad Tepes, "o demo", "o empalador", que Stoker converte en vampiro na súa novela.
Aquí tes o trailer dunha das películas que versionan o libro:
Sem comentários:
Enviar um comentário