O 5 de xuño de 1898 nacía Federico García Lorca, un dos máis grandes escritores da lingua española. A súa figura aparece sempre vencellada á Generación del 27.
Como poeta destaca por amosar o mellor da tradición popular e o máis fermoso da culta. Son seus títulos como Romancero gitano, chea de simbolismo, de tradición,de pasión e de forza; Poeta en Nueva York ou os seus incribles Seis poemas galegos. Como dramaturgo demostrou ser un xenio. Na súa corta vida deulle tempo a fundar unha compañía teatral ( La Barraca), a imaxinar escenografías, músicas, vestiarios...e a crear algunhas das máis grandes traxedias do teatro español: Yerma, Bodas de Sangre ou La casa de Bernarda Alba entre outras. O seu teatro ten tanta forza que as súas heroínas remataron convertidas en mitos, en símbolos para a eternidade.
Lorca foi un xenio que morreu víctima das súas ideas e da intransixencia do fascismo.
Hoxe cumpriría 115 anos!!!
Lembrámolo na voz de Enrique Morente:
Lembrámolo na voz de Enrique Morente:
Sem comentários:
Enviar um comentário