O 2 de xuño de 1963 o príncipe rexente ,Faysal Ibn Abd Al-Aziz, de Arabia Saudita emitía un decreto polo que quedaba abolida a escravitude no seu país. Con esta nova lei ordeaba aos seus súbditos que deixaran de facer traballar aos outros no seu proveito sen pagarlles un xornal.
Faisal pasou á historia polas súas ideas reformistas e modernizadoras e tamén pola súa ansia panislamista, anticomunista e antisionista. Reinou en Arabia Saudita entre 1964 e 1975, cando foi asasinado por seu sobriño , Fasal bin Musa'id. Sucedeuno no trono seu irmán, Jalid bin Abdelaziz.
Sem comentários:
Enviar um comentário