O 1 de xuño de 1968 morría en Easton (Pennsylvania) a escritora estadounidense Helen Adams Keller. Era cega , xorda e muda, pero iso non lle impediu adquirir grandes coñecementos e publicar unha morea de libros ademais de levar a cabo unha importante labor social. Entre os seus títulos destacan: Historia da miña vida, A canción da parede de pedra, A miña relixión ou A porta aberta.
Todo isto non sería posible sen o traballo feito pola súa institutriz, Anna Sullivan, que a educou e lle ensinou a comunicarse co mundo. Grazas a ela, Hellen conseguiu entrar na Universidade de Radcliffe e graduarse con honores.
Anne e Hellen adicaron as súas vidas a percorrer o país dando conferencias na procura de mellores condicións de vida para as persoas invidentes.
As vidas de Hellen e Anne foron levadas a escea en varias ocasións. Velaí o trailer dunha das películas que contan a súa historia , The miracle worker (1962) con cadanseu Óscar para as dúas protagonistas.
Sem comentários:
Enviar um comentário