O 7 de xuño de 1843 morría en Tubina , Württemberg o escritor alemán Johann Christian Friedrich Hölderlin. Clasificado como prerromántico, a súa obra sitúase entre a tolemia e a razón, os dous mundos nos que o poeta pasou a súa vida. Dos seus poemas destacan : Himno á humanidade, Himno ao amor, Ao deus sol, Ganimedes, etc. Tamén é autor dunha novela epistolar, Hiperión e dunha traxedia , A morte de Empédocles e de diversos ensaios.
Despois de perder a razón con pouco máis de 30 anos, viviu aillado nunha torre e asinaba o que escribía co pseudónimo de Scardarelli.
Tivo que esperar a morrer e que pasaran os anos para que se recoñecera o seu talento.
No seguinte enlace podemos ler algúns dos seus poemas traducidos ao español: http://www.amediavoz.com/holderlin.htm
Álvaro Cunqueiro traduceu ao galego algunha das súas poesías:
O poeta diríxise ás parcas
Concedédeme outro verán tan soio,
poderosos seres,e outro outono para un canto maduro,
e cheo esteña o corazón do doce xogo, e propicio,
e deica a min a morte veña entón.
A alma, á que en vida o bon dereito
lle foi negado, tampouco repousará acolá no Orco.
Pro si acado o meu poema, que pra min é santo,
benvido me serás, tranquío mundo das tebras.
Aínda que a miña canción non me acompañe
na baixada, contento estarei, que unha vez
vivín como viven os deuses, e ren máis preciso.
Sem comentários:
Enviar um comentário