Tal día coma hoxe nacía o pintor austríaco Gustav Klimt na cidade de Baumgarten. Foi membro fundador do grupo Secesión Vienesa (1879,movemento artístico vienés) e foi un dos impulsores do Modernismo en Austria. Os seus cadros son únicos, dotados dun cromatismo especial e ben identificable e dunha riqueza ornamental dificilmente superable. Eu non sería capaz de escoller un só título, pero era ben que che soaran algún destos: As tres idades da vida, Salomé, O bico, Maternidade, etc. Tamén é o autor da decoración do pazo Stociet de Bruxelas.
Aquí che deixo un vídeo coa súa obra:
Sem comentários:
Enviar um comentário