Tal día coma hoxe de 1904 nacía en Chile Neftalí Ricardo Reyes Basoalto, máis coñecido por Pablo Neruda.
Foi consul en Madrid, o que lle permitiu coñecer aos poetas da "Generación del 27". Era un comunista convencido, por iso tivo que exiliarse . Despois apoiou a candidatura de Salvador Allende para presidente de Chile, e sería o seu embaixador en París.
A súa obra é inmensa e dunha calidade difícil de superar. Non sabería decirche que escoller para ler: Confieso que he vivido é a súa biografía, apasionante porque non te imaxinas a cantidade de xente interesante que coñeceu, Veinte poemas de amor y una canción desesperada podería ser o libro de cabeceira para os namorados que teñen moito que decir e non saben como, pero ten moitos outros títulos nos que non só fala de amor, tamén de xustiza social, de esclavitude e explotaicón, de conciencia...unha marabilla: Canto general, Odas elementales, Residencia en la tierra, Crepusculario, etc, etc.
A ver se te namora este vídeo:
Que...??? Namoráchete?
Sem comentários:
Enviar um comentário