Tal día coma hoxe de 1947 nacía en Bombai ( India) o escritor e ensaísta Salman Rushdie.
As súas obras máis importantes son : Fillos da media noite (1980) coa que ganou unha morea de premios,pero o que lle deu fama mundial foi Os versos satánicos (setembro 1988). O libro foi considerado blasfemo contra o Islam e Rushdie foi ameazado de morte , dende entón vive rodeado de gardacostas . En xaneiro de 2012 non poido ir ao Festival de Literatura de Jaipur ( India) porque se filtrou a noticia de que había sicarios contratados para matalo.
Ás veces a relixión provoca estas cousas!!
Sem comentários:
Enviar um comentário