"Felicidad no es hacer lo que uno quiere sino querer lo que uno hace." Esta é unha de tantas frases que deixou escritas este escritor e filósofo francés. Foi o principal represetante do existencialismo. Destacou na súa época polas súas ideas revolucionarias e por atacar duramente ao goberno francés pola súa actuación militar en Argelia, por entón , colonia francesa.
En 1964 concedéronlle o Nobel de Literatura pero rexeitouno porque decía que poñía en perigo a súa integridade como escritor.
Entre as súas obras destacan O estranxeiro ,A náusea, As moscas...Home , as súas obras non serven para levar á praia e pasar a tarde , pero si para pensar. Co tempo podedes lle botar unha ollada. Déixovos un enlace cun vídeo que contén frase súas, ao mellor anímavos a poñelo na vosa lista de libros futuros.
Sem comentários:
Enviar um comentário