Tal día coma hoxe de 1946 morría en Londres o escritor británico Herbert George Wells. De fonda formación científica, pasou á historia polos seus libros "de anticipación". Foi un auténtico visionario e deu conta das súas "predicións" en obras como A máquina do tempo, A illa do doutor Moreau, O home invisible, A guerra dos mundos , Os primeiros homes na Lúa, Anticipacións, A formación da humanidade ou Utopía moderna; nestes títulos adiantaba un mundo controlado polos científicos e os intelectuais. Tamén escribiu libros de humor como O amor e Mr. Lewisham, Tono-Bungay ou A historia de Mr. Polly. Un título seu, Guerra aérea, anticipaba os efectos dos bombardeos que despois se deron na Segunda Guerra Mundial.
No seguinte enlace http://mural.uv.es/jorgon/index2.htm tes unha páxina adicada a súa obra e ao mundo da ciencia-ficción; se che interesa o tema bótalle un ollo.
Sem comentários:
Enviar um comentário