
Ao remate da Segunda Guerra Mundial , Berlín quedou dividido en catro sectores de ocupación: inglés, francés,soviético e estadounidense. O enfrontamento entre comunistas e aliados foi a máis co paso dos anos ata que deu lugar a división do país en dúas Alemañas: RFA : República Federal Alemá (sectores occidentais) e RDA :República Democrática Alemá (sector soviético). O caso é que en 1961 a xente empezou a abandonar o sector soviético para pasar ao capitalista, cando a RDA se deu conta quixo frenar o éxodo e a noite do 12 de agosto de 1961 decidiu levantar un muro provisional de 155 kms de aramado,así quedou pechado o paso dun lado ao outro. Estivo en pe ata novembro de 1989, mentras, máis de 5000 persoas trataron de cruzalo, moitos morreron no intento.
Agora cando a caída do muro de Berlín xa é historia, moitos empéñanse en lavantar novas fronteiras nos países modernos e civilizados nos que nos tocou vivir. Cousas dos homes que son quen de enfuciñar dúas veces coa mesma pedra!!
Sem comentários:
Enviar um comentário