O 19 de xaneiro de 1809 nacía en Boston ( EE.UU.) o escritor Edgar Allan Poe. Ocupa un lugar destacado dentro da historia da Literatura grazas aos seus relatos nos que mezcla horror, humor e tensión. A lista de títulos é moi longa , pero podemos destacar O gato negro, O escaravello de ouro, Os crimes da Rue Morgue, O pozo e o péndulo, etc. Tamén escribiu unha novela, As aventuras de Arthur Gordon Pym e teorizou sobre a poesía: Fundamentos do verso ou Filosofía da composición.
O mellor agasallo para Poe no seu aniversario é ler un dos seus libros, para ir facendo boca aquí che queda un vídeo no que se le un texto seu: O corvo.
Sem comentários:
Enviar um comentário