O 19 de xaneiro de 1854 estreábase no teatro Apollo de Roma a ópera Il Trovatore de Verdi. O libreto fora escrito por Salvatore Cammarano que adaptara a obra de teatro El trovador do español Antonio García Gutiérrez. Trala morte de Cammarano, foi Leone Emmanuel Bardare quen se encargou de rematar os arranxos en colaboración co propio Verdi.
A ópera conta unha historia ambientada na revolta de Jaime de Urgel contra Fernando de Antequera a principios do século XV.
Sem comentários:
Enviar um comentário