+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño

Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.

28/07/2012

1951: Nace Santiago Calatrava.

Tal día coma hoxe de 1951 nacía en Valencia o arquitecto Santiago Calatrava. Admirado por uns e criticado por outros é o creador de moitísimas obras por todo o mundo. Neste enlace podes encontrar a súa obra e tódolos datos que che poidan interesar, é a súa páxina web:http://www.calatrava.com/ . Só para que che entren ganas de mirar direiche que el creou a ponte "del Alamillo" de Sevilla, a Cidade das Artes e das Ciencias de Valencia, o viaducto de Bach de Roda de Barcelona, a Gare de Oriente de Lisboa, o Auditorio de Tenerife, a Turning Torso en Malmö , Suecia; etc, etc, etc. Vouche poñer un vídeo para que xulgues ti mesm@ o seu traballo e o do seu equipo, porque estas obras son froito dun gran traballo en equipo , por suposto, el é a mente pensante pero sin o seu grupo non sería o mesmo.

Sem comentários:

Enviar um comentário