+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño

Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.

22/07/2012

1999: Morre Claudio Rodríguez

O 22 de xullo de 1999 morría en Madrid o poeta zamorano Claudio Rodríguez. Tivo unha vida marcada pola morte de seu pai cando el tiña  13 anos. Destacou como poeta. Foi profesor/lector de español en Nottinhgham e Cambridge. Recibiu moreas de premios, destacan o Premio Nacional de Poesía(1983), Premio Príncipe de Asturias de las Letras (1993), Premio Reina Sofía de Poesía Iberoamicana, etc. Ademais foi membro da Real Academia Española. Entre as súas obras destacan: Don de la ebriedad ou  Conjuros, pero o mello para coñecelo ben é botarlle un ollo á súa Antología poética.

Sem comentários:

Enviar um comentário