+Blog editado en Foz (Lugo) por Mar Corbelle Valiño

Este blog quere ser educativo e , polo tanto, formar aos usuarios no respecto pola propiedade intelectual e os dereitos de autor. Tódolos vídeos, textos e imaxes que aparecen teñen como único fin educar aos nosos alumnos no respecto polo traballo alleo. Se en algún momento alguén considera que se vulneran os seus dereitos ,pode poñerse en contacto con nós e procederemos a eliminar inmediatamente o texto ou imaxen con dereitos de autor.

26/07/2012

1875: Nace Machado.

Tal día coma hoxe de 1875 nacía en Sevilla Antonio Machado y Ruíz. Estudou na Institución Libre de Enseñanza en Madrid onde coñeceu a moitos dos que serían grandes escritores e pensadores da súa xeración. En 1903 publicou o seu poemario Soledades , de clara influenza modernista. En 1907 editou Soledades, galerías y otros poemas.  Máis tarde, estando de profesor de francés en Soria , publica Campos de Castilla. En 1917, a Residencia de Estudiantes de Madrid publica a primeira edición de Poesías completas. En 1924 aparece Nuevas Canciones.Seguro que algunha vez liches ou escribiches na túa carpeta algún destes versos. Outros títulos seus son Juan de Mairena, Sentencias, donaires, apuntes y recuerdos de un profesor apócrifo. En teatro destacan La Lola se va a los puertos , El hombre que murió en la guerra.
Mira este vídeo e dime que non coñeces algún poema de Machado:

Sem comentários:

Enviar um comentário