
Tal día coma hoxe de 1957 morría en Roma Giuseppe Tomassi, Duque de Palma e Príncipe di Lampedusa. Este nome tan pomposo é dun escritor italiano que pasou á historia por unha novela marabillosa: Il Gatopardo, publicada postumamente e levada ao cine con gran éxito. El, en realidade, era oficial de artillería pero en 1925 retirouse en parte pola súa oposición ao fascismo. A novela é boísima , pero se non queres ler podes ver a película, dirixida por Visconti e protagonizada por Burt Lancaster.
Sem comentários:
Enviar um comentário